HomePontevedraO SalnésOs socialistas proporá mañá resolver no parlamento sobre a xornada continua e...

Os socialistas proporá mañá resolver no parlamento sobre a xornada continua e a mellora do transporte escolar para o IES O Carril

- Anuncio -spot_img

O parlamentario socialista Julio Torrado levará á Comisión de Educación unha Proposición Non de Lei para a que pide “apoio maioritario” a unha reivindicación “lexítima e sensata”.

O secretario xeral local convida ao PP a “seguir facendo seguidismo do PSOE” e a “pasar das fotos nos pasillos para disimular” á concreción de votar a favor e esixir á Xunta as melloras.

Os socialistas de Vilagarcía elevarán mañá unha proposta de resolución ao Parlamento de Galicia para dar un pulo fundamental ás demandas da comunidade educativa do IES O Carril, no que ten que ver cos problemas de estrutura horaria do transporte escolar e o impedimento que establece para pasar á xornada educativa continua, o que é unha demanda de hai anos.

O parlamentario socialista Julio Torrado formulará na Comisión 4ª de Educación unha proposición non de lei que presenta el siguiente texto a votación:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a facilitar todo o necesario para que poida producirse o cambio de xornada lectiva no IES para pasar a unha xornada continua todos os días da semana, e de maneira especial intervindo o necesario respecto do contrato coa empresa concesionaria do transporte escolar para que habilite os medios que permitan adecuarse aos horarios e permitir ese cambio

Segundo explicou Torrado esta vía “permitirá estar no camiño correcto para encamiñar a solución”. Apuntou o deputado vilagarcián que “os socialistas estivemos coa comunidade educativa e entendimos que as súas reivindicacións teñen moi sentido”, facendo referencia á visita que hai 3 semanas fixeron o equipo de goberno local encabezado polo Alcalde Alberto Varela e o propio Torrado. Amosou o deputado socialista a súa “relativa sorpresa” polo feito de que as reivindicacións do centro e a ANPA fosen ignoradas pola administración autonómica “ata que se fixeron públicas en medios e os socialistas estivemos ao seu carón”, e a partir de aí “vimos algunha foto roubada nun pasillo para parecer que o PP resolvía algo pero non sabemos se é que non saben onde está o IES O Carril porque nada cambiou” ironizou. O certo é que as deficienciencias do centro son notorias, públicas e publicadas.

A única novidade, “notificada ao centro ao día seguinte de que se fixese público que esta Proposición Non de Lei chegaría ao debate parlamentario” puntualizou o secretario xeral socialista, é un cambio nas rutas de transporte que, ao fin, non cambia en nada o horario final dos alumnos/as que deben usar ese transporte escolar. “Con iso seguiría sendo improbable poder facer unha vida normal por parte do alumnado nas súas xornadas en que hai quenda de tarde, e imposible chegar á xornada continua”.

Torrado apunta que “será importante poder acadar unha votación maioritaria e, a poder ser, unánime, que amose que todos estamos dacordo coa lexítima e sensata reivindicación do centro IES O Carril” para o que convida ao PP a votar a favor e “continuar facendo este seguidismo” das revindicacións das que os socialistas se fan eco. “Cando nos fan caso, acertan”, concluiu.

Publicacións Relacionadas