Home O Morrazo Cangas Os traballos de mantemento nun viaduto do corredor do Morrazo, ao paso...

Os traballos de mantemento nun viaduto do corredor do Morrazo, ao paso por Cangas, farán necesario o corte de tráfico este luns e martes

- Anuncio -

― O obxectivo é acometer tarefas de reposición dunha xunta de dilatación dun viaduto no último tramo da vía, entre Alto da Portela e Menduíña, en Cangas

― Para realizar estas actuacións con seguridade é preciso o corte total do tráfico entre as 8 horas de mañá, luns, e as 18 horas do martes

― Estas intervencións enmárcanse nos contratos da Xunta para garantir a conservación ordinaria e a vialidade invernal nas estradas autonómicas, destinando un orzamento global de preto de 106,5 M€ para un período de 4 anos

Os traballos de mantemento nun viaduto do Corredor do Morrazo, ao paso por Cangas, farán necesario o corte de tráfico desde mañá, luns, ata o martes.

O obxectivo é acometer tarefas de mantemento e reposición dunha xunta de dilatación dun viaduto no último tramo do corredor, entre Alto da Portela e Menduíña, en Cangas.

Para acometer estas actuacións con seguridade é preciso o corte total do tráfico entre as 8 horas de mañá, luns, e as 18 horas do martes, aproximadamente.

Estas intervencións enmárcanse nos contratos que a Xunta mantén activos para garantir a conservación ordinaria e a vialidade invernal nas estradas autonómicas, destinando un orzamento global de preto de 106,5 millóns de euros para un período de 4 anos.

O programa de conservación ordinaria permite unha vixilancia e control das estradas autonómicas para detectar anomalías e corrixilas o antes posible.

Entre outras actuacións, estes contratos permiten levar a cabo a reposición da sinalización ou das barreiras de seguridade, a limpeza e mantemento dos elementos de drenaxe das estradas ou o repintado da estrada e dos elementos que as conforman.

Tamén forman parte deste programa os traballos de roza periódicos para o control da vexetación, así como as melloras de firme ou reparacións de pontes, obras de paso ou noiros de menor entidade.
Ademais, esta programación abrangue o programa de vialidade invernal, que todos os anos está activo desde novembro ata abril, dispoñendo os medios materiais e humanos para garantir as condicións de circulación ante os efectos da climatoloxía adversa.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas