Home Vigo Baiona Os tres concellos do Val Miñor retoman este 17 de maio a...

Os tres concellos do Val Miñor retoman este 17 de maio a tradicional “Festa da Bicicleta” conxunta tras dous anos sen realizarse

- Anuncio -

Esta 32 edición recupera o formato habitual pre-pandemia, finalizando a marcha en Nigrán ao corresponderlle este ano a organización

As inscricións realizaranse nos respectivos puntos de saída de cada municipio con 40 minutos de antelación. Os tres grupos encontraranse na Ramallosa para ir xuntos cara a Panxón, onde rematará co sorteo de agasallos

Os tres concellos do Val Miñor volverán a pedalear xuntos este 17 de maio para festexar a tradicional ‘Festa da Bicicleta’ que sempre reúne a centos de persoas. Así, esta 32 edición recuperará o formato habitual pre-pandemia tras dous anos sen poder celebrarse conxuntamente. Nesta ocasión a marcha finalizará en Panxón ao corresponderlle a quenda da organización a Nigrán, quen contará con ‘Discamino’ como entidade invitada para abrir a súa marcha coas bicicletas adaptadas do consistorio. O obxectivo, un ano máis, é que sexa unha xornada festiva en toda a comarca para vivir con familia e amizades ao tempo que se promove o deporte e a socialización como hábitos saudables.

As inscricións e entrega de dorsais realizaranse nos respectivos puntos de saída de cada municipio con 40 minutos de antelación co único requirimento de ser maior de 7 anos, contar con bicicleta propia e levar casco. Así, en Nigrán partirán ás 10:00 horas desde o Pavillón (rúa ), en Gondomar ás 10:45 horas na Praza Paradela e, en Baiona, tamén ás 10:45 horas desde a entrada do Parador. Todos os participantes disporán de seguro de accidentes e responsabilidade civil.

A marcha de Nigrán acudirá a ‘recoller’ á de Gondomar percorrendo a estrada da costa (PO-325) para despois coincidir na rotonda da Ramallosa ca de Baiona e, desde alí, pedalear as tres xuntas tamén pola costa cara ao Pavillón de Panxón, onde rematará con sorteo de agasallos e avituallamento. Cada concello achegará unha bicicleta e 20 cascos para sortear entre os seus respectivos participantes.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas