Home Pontevedra Campo Lameiro Os veciños de Campo Lameiro despiden cun velorio o peche oficial da...

Os veciños de Campo Lameiro despiden cun velorio o peche oficial da sucursal de Abanca acompañados por unha marcha fúnebre polo rural galego

- Anuncio -

O cortexo funerario saiu ás 21:30 horas do Consistorio acompañado por un grande número de persoas baixo os acordes da Banda de Música e a Coral Polifónica de Campo Lameiro

Os veciños de Campo Lameiro desafiaron á choiva e despediron cun velorio multitudinario o peche oficial da sucursal de Abanca que tivo lugar ao mediodía de hoxe. O cortexo fúnebre partiu ás 21:30 horas do Consistorio e foi percorrendo as céntricas rúas da vila ata chegar ata a oficina bancaria onde o público foi depositando os cirios cos que foi acompañado un cadaleito que simulaba a morte do rural galego.

A capela ardente instalada nos baixos do Consistorio foi visitada por numerosos veciños que foron deixando notas de condolencia polo peche da sucursal de Abanca nun libro de sinaturas especialmente habilitado para a ocasión.

De xeito puntual, o féretro chegou á Praza do Concello nun coche de Funeraria Peña especialmente engalanado para a ocasión e escoltado por membros de Protección Civil de Portas, Cerdedo-Cotobade e Moraña que rendiron os honores oficiais ao “defunto”.

A Coral Polifónica de Campo Lameiro foi a encargada de cantarlle varias cancións fúnebres e acompañar aos presentes con diversas pezas especialmente adaptadas para a ocasión.

Posteriormente, o cortexo fúnebre formado polo coche fúnebre, o defunto portado por 4 operarios da funeraria, as plañideiras de Campo Lameiros, membros da Corporación Municipal, alcaldes da contorna, deputados nacionais, autonómicos e provinciais, edís de concellos afectados por peches de oficinas bancarias, veciños e veciñas iniciaron a marcha desde o Consistorio acompañados polos acordes da Banda de Música Unión Cultural de Campo Lameiro ata a sucursal de Abanca.

Durante o traxecto vivíronse escenas de dor e consternación entre o público asistente que reprochaba á Dirección de Abanca a falla de sensibilidade amosada co mundo rural galego á hora de tomar este tipo de decisións unilaterais e arbitrarias perxudicando tanto económica como socialmente á veciñanza.

Ao remate do percorrido, os presentes foron depositando os cirios que portaban diante da porta da sucursal onde agardaba unha tumba que simbolizaba o “repouso eterno” do mundo rural galego vítima da supresión de servizos básicos e esenciais para afianzar a poboación.

O alcalde, Carlos Costa, en nome da Corporación Municipal, foi o encargado de dar as grazas aos congregados no sepelio e manifestou o desexo dos grupos políticos de seguir loitando pola dignidade de Campo Lameiro e do rural galego.

VONTADE DE DIÁLOGO ABERTO EN TODO MOMENTO

“Anunciovos xa que a Corporación Municipal está disposta a iniciar de inmediato os trámites para declarar ao presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, persoa non grata no Concello de Campo Lameiro. Aínda así nós non pechamos a porta á vía do diálogo e á negociación, Mañá mesmo volverei reunirme cos responsables territoriais de Abanca en Pontevedra para seguir esixindo unha saída satisfactoria a un problema que eles sos crearon e que afecta moi directamente á nosa xente maior que non se defende cos caixeiros intelixentes e moito menos coa banca electrónica”, dixo o alcalde.

“Non é xusto e non o permitiremos. Desde a Corporación Municipal seguiremos traballando unidos para devolverlle a Campo Lameiro o que lle corresponde e non daremos nada por perdido. Hoxe aquí escribimos unha folla maís no noso camiño en defensa da dignidade dos pobos do rural galego pero esta historia aínda non tocou ao seu fin.

Co voso apoio e a vosa forza, Campo Lameiro seguira enfrontándose a un xigante, a un auténtico Goliath da banca. Moitos poucos poden facer moito e esta loita que comezou en Campo Lameiro está prendendo en moitos lugares de Galicia polo que estamos convencidos de que cando menos imos ser un incordio rebelde e rabudo”, concluiu o rexedor en nome da Corporación.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas