Home Pontevedra Campo Lameiro Os veciños de Campo Lameiro empapelan con esquelas o centro da vila...

Os veciños de Campo Lameiro empapelan con esquelas o centro da vila convidando a asistir ao “velorio” da sucursal de Abanca no municipio

- Anuncio -

O cortexo fúnebre sairá ás 21:30 horas desde a Praza do Concello e dirixirase, acompañado polo público provisto de velas, ata a sucursal de Abanca

Os veciños de Campo Lameiro continúan coas súas protestas contra a decisión unilateral da Dirección de Abanca de pechar a única oficina bancaria existente no municipio. Na mañá de hoxe o centro da vila amaneceu cheo de esquelas convidando á veciñanza a asistir ao “velorio” na honra da sucursal que, previsiblemente, deixará de estar operativa o mércores 8 de setembro.

O cortexo fúnebre, acompañado por veciños e veciñas de Campo Lameiro portando unha vela ou un cirio (que aportará o Concello aos participantes), ten previsto arrancar sobre as 21:30 horas da noite desde a Praza do Concello para dirixirse ata a sucursal de Abanca onde terá lugar o sepelio e a liturxia da palabra.

Os concentrados escoitarán un emotivo responso especialmente elaborado para poñer de manifesto os prexuízos e os problemas que suporán para os veciños e veciñas de Campo Lameiro e dos demais concellos afectados polo peche de oficinas bancarias a perda deste tipo de servizos.

ENTREVISTA CON OUTRAS ENTIDADES BANCARIAS

Por outra banda, o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, en nome de toda a Corporación Municipal comenzou xa a enviar solicitudes de entrevista con responsables de zona doutras entidades bancarias coa intención de expoñerlles a situación na que queda o concello e explorar posibilidades de colaboración que finalicen coa implantación dunha oficina ou un axente bancario no municipio que permita á veciñanza seguir contando cos servizos bancarios.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas