Home Pontevedra Caldas Os veciños de Lantaño recuperan as celebracións da hona de San Pedro...

Os veciños de Lantaño recuperan as celebracións da hona de San Pedro Mártir

- Anuncio -

Volverá a normalidade coa celebración da procesión dende o cruceiro do Culebrón ata o de Paredes para venerar ao “avogado das colleitas e da reuma”

Os veciños de Lantaño honrarán este sábado 30 de abril ao seu patrón, San Pedro Mártir, avogado das colleitas e da reuma, recuperando as celebracións tradicionais entre as que destacan a procesión entre os cruceiros do Culebrón e de Paredes que terá lugar despois da misa das 13 horas.

Despois da tradicional procesión terá lugar un concerto amenizado pola Banda de Música Unión de Lantaño e, a continuación, procederase a degustar uns aperitivos gratuítos para todos os asistentes.

Pola tarde, a partir das 20 horas, terá lugar a actuación do grupo musical Vilamariachi no Centro Cultural Candelas de Lantaño, en caso de que haxa choiva a actuación celebrarase no Auditorio Municipal da Azucreira de Portas.

UN TEMPLO RELIXIOSO DE PROPIEDADE MUNICIPAL DESDE 1995

A capela de San Pedro Mártir, ubicada na parroquia de Lantaño, só se abre ao público a derradeira fin de semana do mes de abril para honrar ao seu patrón, engalanándose o Cruceiro do Culebrón (un dos máis curiosos e vistosos da comarca que posúe representado unha enorme figura dunha serpe enroscada no fuste desta cruz de pedra) cunha coroa de millo para pedirlle unha boa colleita ao santo.

Este templo relixioso é de propiedade municipal desde o 7 de abril do ano 1995 en que foi doado ao patrimonio do Concello de Portas polos señores Gándara Gómez e Remedios Junquera Gómez, herdeiros da familia Buceta Quintáns, e é a admistración local a encargada de garantir o seu mantemento e conservación.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas