Os ‘Venres Rebuldeiros’ regresan cun Nadal cheo de arte e aprendizaxe en inglés

adminON
Lectura mínima de 2

O 20 de decemrbo a artista británica Esther Moe guiará paso a paso unha clase de pintura navideña para público familiar

Creatividade e idiomas mestúranse este Nadal no Rosal. O Concello pon en marcha unha nova sesión dos seus ‘Venres Rebuldeiros’, nesta ocasión cunha actividade  que busca espertar a imaxinación de cativada e maiores ao tempo que desenvolve as súas capacidades lingüísticas.

Será cun obradoiro dirixido pola artista británica Esther Moe Dowson, que o vindeiro 20 de decembro ofrecerá unha completa experiencia de aprendizaxe artística en inglés apta para público familiar e par todos os niveis. As persoas participantes aprenderán paso a paso a crear un cadro de Nadal aplicando diversas técnicas artísticas mentres utilizan unha linguaxe clara e comprensible relacionada coa arte e co Nadal. A actividade comezará cunha demostración a cargo da artista, seguida dunha realización individual guiada de cada participante. A cita será ás 17.00 horas no Centro Social Polivalente de balde.

Para a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, esta “é unha oportunidade para que todos os rosaleiros e rosaleiras interesadas desenvolvan as súas capacidades artísticas mentres desfrutan dunha experiencia de inmersión lingüística en inglés natural e divertida. E facelo da man dunha recoñecida profesional como Esther Moe, cunha ampla traxectoria no campo do ensino e do arte, é un verdadeiro luxo”.

Esther Moe, veciña do Rosal dende 2007, é técnica superior en Artes Plásticas e Deseño, ademais de licenciada en Conservación e Restauración de Bens Culturais. Con case 30 anos de experiencia no ensino en inglés, está especializada en traballar con nenos e nenas, ofrecendo unha metodoloxía que combina profesionalidade, creatividade e proximidade.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no Concello ben de forma presencial ou ben chamando ao teléfono 986 625 000.

Comparte este artigo