HomePontevedraBaixo Miño“Os viños de Castelao” acto cívico de homenaxe no Ano Castelao

“Os viños de Castelao” acto cívico de homenaxe no Ano Castelao

- Anuncio -spot_img

Celebrarase o domingo 28 de setembro, ás 12 h, promovido polo Concello de Tui

O Concello de Tui promove un acto cívico de homenaxe á figura senlleira de Alfonso D. Rodríguez Castealo co gallo da celebración do 75 aniversario do seu pasamento e como “mostra de gratitude do pobo galego” desta egrexia figura senlleira da cultura e política galegas.

“Os viños de Castelao” é unha proposta de achegamento á traxectoria de Castelao que correrá a cargo do historiador Bieto Alonso, que ten estudado a vida e obra de Castelao en numerosas publicacións, e falará neste acto sobre “O itinerario político de Castelao”. Se completará este acto de recoñecemento a Castelao cunha actividade de lecer denominada “Os viños dos espazos que habitou Castelao. Explicación e degustación ” que estará a cargo de  Marina Cruces, unha sumiller tudense con longa traxectoria no mundo do viño e as catas.

Ao longo do desenvolvemento deste programa está prevista a actuación musical de Pancho Álvarez, Quico Paz Antón e Alexandre González, acreditados músicos da nosa contorna con ampla traxectoria profesional.

Este acto de homenaxe a Castelao celebrarase o domingo 28 de setembro, ás 12.00 h no céntrico edificio da Praza da Inmaculada (antigo Pazo de Xustiza). As persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do correo electrónico da Oficina Municipal de Turismo: turismo@tui.gal non admitindo mais que dúas inscricións no mesmo correo. O prazo de inscrición é do 10 ao 20 de setembro e as prazas son limitadas.  

Para a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, este acto de homenaxe á figura de Castelao neste ano dedicado a súa memoria conxuga a dimensión cultural e de coñecemento cun aspecto máis lúdico como degustación dos viños que ilustran a traxectoria vital do político e intelectual de Rianxo. A concelleira expresa o compromiso do Concello de Tui na conmemoración da memoria e o legado de quen é considerado un dos fundadores da Galicia contemporánea, a súa cultura e o seu marco político. Castelao visitou en diversas oportunidade esta cidade de Tui, sendo lembrada a súa participación nun mitin autonomista no Paseo da Corredoira no mes de maio de 1931

Publicacións Relacionadas