Home Pontevedra A Lama Os voceiros do PPdeG en Soutomaior, Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos...

Os voceiros do PPdeG en Soutomaior, Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes únense no rexeitamento á construción dun encoro en Forzáns e o transvaseamento do río Verdugo

- Anuncio -

· O PPdeG de Ponte Caldelas, que se posicionou en contra da proposta o mesmo día que saiu publicado na Prensa, segue á espera de que o alcalde acepte a súa petición e convoque un pleno extraordinario de repulsa cando os concellos de Soutomaior e Fornelos aprobaron xa hai días sendas mocións de rexeitamento.

· Enviarase un escrito ao Concello de Vigo, Xunta de Galicia e Ministerio de Transición Ecolóxica solicitándolles que desboten esa proposta e se estudien outras alternativas con menor custe medioambiental.

Os voceiros do Partido Popular de Soutomaior, Agustín Reguera;Ponte Caldelas, Antón Xil; A Lama, David Carrera; e Fornelos de Montes, José Manuel Batista; manifestaron de xeito unánime o seu rexeitamento á construción dun encoro na parroquia de Forzáns e ao transvasamento do río Verdugo, tal e como recolle o estudio encargado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil e que está a motivar o malestar social en todos e cada un deses concellos.

Mentras nos concellos de Soutomaior e Fornelos de Montes se celebraron plenos e se aprobaron por unanimidade dos grupos municipais mocións de rexeitamento a esta proposta; o PPdeG de Ponte Caldelas, que se posicionou en contra da proposta o mesmo día que saiu publicado na Prensa, segue agardando resposta á súa petición de convocatoria urxente dun Pleno de repulsa, feita o pasado 13 de marzo, que a día de hoxe segue sen ser convocado polo alcalde, Andrés Díaz.

Os responsables políticos do PPdeG nestes catro concellos, que se reuniron na sede do partido en Ponte Caldelas, enviarán un escrito conxunto ao Concello de Vigo, Xunta de Galicia e Ministerio de Transción Ecolóxica para solicitarlles que desboten esa proposta e se estudien outras alternativas con menor custe medioambiental para dar resposta ás posibles necesidades que en materia de abastecemento de auga se poidan presentar no futuro para atender a demanda do sur da provincia de Pontevedra.

A PROPOSTA CARECE DE CONSENSO E SUPORÍA UN ATENTADO GRAVÍSIMO CONTRA O PATRIMONIO NATURAL

Os populares consideran que a proposta, ademais de adolecer do consenso necesario para levarse a cabo, suporía un atentado gravísimo contra o patrimonio natural e contra unha das paraxes máis belas da contorna ao tempo que sería un golpe mortal para o equilibrio e a biodiversidade na zona.

Os representantes do Partido Popular nos catro concellos afectados propoñen que en lugar de pensar en facer trasvases desde o río Verdugo ou encoros no río Oitavén se busquen outro tipo de alternativas a través dun estudo técnico serio e independente que cuantifique as perdas reais existentes na rede que canaliza e abastece de augas á cidade de Vigo e ao seu entorno.

Ademais, os populares apostan pola necesidade de evolucionar cara modelos de xestión de demanda e a eficiencia que promovan un uso sostible da auga baseado na protección a longo prazo dos recursos hídricos dispoñibles.

Finalmente, desde o PPdeG destes catro concellos considérase que se debe abrir un diálogo entre veciños afectados, administracións, técnicos, expertos, etc. para poñer en marcha actuacións encamiñadas á nova cultura da auga, baseada na xestión sostible e na conservación das concas fluviais, ó aveiro da Directiva Marco da Auga europea, así como a creación da “Mesa pola Sustentabilidade da Auga”, recomendada xa dende o ano 2010 e segue todavía sen poñerse en marcha.

Relacionadas

O Goberno de Caballero bloquea unha iniciativa do BNG reclamando a alta velocidade entre...

0
A fronte nacionalista trasladou unha proposta de declaración institucional para o vindeiro Pleno municipal que foi vetada pola maioría do PSOE e que o...

Continúa a restauración ambiental do río Couso

0
O sábado 4 de maio retomamos as actividades de restauración ambiental no río Couso mediante a retirada de residuos e a extracción de especies...

A Deputación recomenda aplicar tratamento ante as primeiras manchas de mildio detectadas nas viñas

0
A Estación Fitopatolóxica Areeiro advirte da necesidade de aplicar un tratamento o antes posible nos predios que non o recibiran antes ou naqueles que...

Cuntis pechou o primeiro trimestre de 2024 co seu rexistro de desemprego máis baixo...

0
• O alcalde, Manuel Campos, participou este mércores nunha reunión de traballo do Programa Integrado de Emprego (PIE), do que forma parte o Concello...

O GDR Terra e Auga e a EFA A Cancela asinan un convenio dentro...

0
Facer produtivas as sinerxias, aliarse para potenciar os recursos do territorio e dinamizar socioeconómicamente os dez concellos do GDR Terra e Auga son algúns...

O Ciclo de Música de Barcia de Mera sube o pano este sábado ás...

0
A igrexa de San Martiño de Barcia de Mera acolle o primeiro concerto a cargo de Vox Stellae A igrexa de San Martiño de Barcia...

Publicacións Relacionadas