HomePontevedraDezaOutro éxito da “ Feira da Castaña”

Outro éxito da “ Feira da Castaña”

- Anuncio -spot_img

• Volveron a abrir a Feira da Castaña os máis novos do lugar cando o reloxo do consistorio marcaba as 11:00.

• En cuestión de horas esgotaronse os 250 quilos de castañas, que foron acompañados como era de esperar, por viño tinto e auga.

Cando o reloxo do consistorio marcaba as 11:00 en punto da mañá os máis pequenos da casa foron os encargadas de abrir a “ Feira dá Castaña 2022”, sendo os primeiros protagonistas, na segunda fase incorporáronse á Feira da Castaña os veciños e veciñas de Vila de Cruces, que puideron este ano volver reunirse ao redor dunha mesa para gozar do froito seco do outono “A Castaña”.


O concello preparou 250 quilos de castañas, e uns 100 litros de viño para acompañar este manxar, unhas existencias que ao longo da mañá fóronse reducindo paulatinamente, conseguindo practicamente esgotar todas as existencias en poucas horas deste froito, que contén máis hidratos de carbono e menos graxas (2,2 gramos de graxas por 100 gramos de castañas) e nada de colesterol polo que reducen o risco de aparición de arterioscleroses, destacando o seu contido en potasio polo que axuda a controlar a retención de líquidos, favorecendo a diureses polo que é útil en problemas de ril e axuda tamén a evitar a hipertensión, tamén destaca polo seu contido en calcio e magnesio polo que axuda ao desenvolvemento dos dentes e ósos e a evitar a osteoporose.

O alcalde Taboada non se quixo perder este evento, no que estivo acompañado en todo momento polo concelleiro de Cultura e turismo Julio López e a concelleira de Facenda Mireya Otero.

Publicacións Relacionadas