Home O Salnés O Grove Pablo Leiva anuncia a construción dun Centro de Día urbano “para atender...

Pablo Leiva anuncia a construción dun Centro de Día urbano “para atender aos nosos maiores” e a ampliación da Escola Infantil de Rons

- Anuncio -

• “O Grove precisa un espazo céntrico no que a xente maior poida pasar o día, activarse, compartir e facer cousas, xa que iso mellora a súa calidade de vida e evita a soidade, polo que é algo irrenunciable para a vindeira lexislatura”, sinalou o candidato do PP.

• Leiva cre que a escola infantil de Rons debe ser ampliada “para reducir a lista de agarda” e lamenta que o goberno local non tivera capacidade de xestión con Costas do Estado para obter os permisos necesarios e buscara alternativas “que se demostraron infroituosas”.

• Os populares tamén propoñen, na área social, o desenvolvemento dun plan de conciliación para a terceira idade, a eliminación das barreiras arquitectónicas, a mellora e ampliación da Axuda no Fogar e un plan laboral para persoas en situación de risco social.

O candidato do PP no Grove, Pablo Leiva, anuncia as súas propostas de goberno na área social que inclúen a construción e posta en marcha dun centro de día no casco urbano “para atender aos nosos maiores” e a ampliación da escola infantil de Rons.

“O Grove precisa un espazo céntrico no que a xente maior poida pasar o día, activarse, compartir o tempo e facer cousas xuntos, xa que iso mellora a súa calidade e, ao tratarse dunha iniciativa dinámica, anímaos a saír á rúa e a evitar que pasen tempo en soidade, polo que para nós é algo irrenunciable para a vindeira lexislatura”, sinala o candidato popular.

Leiva lembra que o municipio conta con 2.509 veciños de máis de 65 anos, o que supón preto do 25% da súa poboación, “polo que trátase dun grupo moi importante que precisa de servizos acaídos ás súas necesidades e, no seu caso, aínda con máis motivo, porque son os que traballaron e esforzaron durante toda a vida para que teñamos o estado do benestar do que hoxe gozamos as novas xeracións”.
O líder do PP meco indica que a localización deste Centro de Día está pendente de definir, aínda que deixou claro que a busca do seu emprazamento será unha das primeiras accións do seu goberno. “Temos que ver, por unha banda, as posibilidades dos edificios municipais existentes, as posibilidades de rehabilitación dalgún inmoble interesante ou un recinto de nova construción, pero en todo caso é algo que temos clarísimo que hai que facer para os nosos maiores”, manifestou.

Así mesmo, os populares aspiran a ampliar a Escola Infantil de Rons e aumentar as prazas de 0-3 anos no municipio co obxectivo de “reducir ou facer desaparecer a lista de agarda existente”. Leiva lembra que o Goberno galego aprobou, de xeito pioneiro, a gratuidade da educación infantil para nenos de 0 a 3 anos de xeito universal “e agora no Grove temos que poñerlle a guinda ampliando esta instalación”.

Recordan que a última ampliación e remodelación da Galiña Azul foi durante o goberno do Partido Popular, en 2014, e que xa naquel momento se iniciou un procedemento con Costas do Estado para desafectar a parcela, a única vía para que permitan ampliar o edificio. Un procedemento que quedou paralizado co Goberno socialista, que foi incapaz de xestionar ante Costas do Estado, en todos estes anos, os permisos que autoricen esa ampliación. “Se tivesen feito os deberes daquela, hoxe as familias do Grove terían resolto xa o seu problema”.

O candidato popular lamenta que ante a súa propia ineficacia, o Goberno socialista se adicara a buscar parches e alternativas “que chegaron tarde para moitas familias e, ademais, se demostraron infroituosas”. “Cando falamos de dous modelos: o belixerante e sen capacidade de negociación de José Cacabelos e o contrario que propoñemos nós de concordia e diálogo é por algo, é porque esa política dos socialistas é nefasta para O Grove porque non conseguen atraer investimentos reais e de importancia porque as administracións non confían neles”, critica Leiva.

Finalmente, as principais propostas sociais do PP do Grove para a lexislatura 2023-2027 complétanse co desenvolvemento dun plan de conciliación e actividades para a terceira idade, a eliminación completa de todas as barreiras arquitectónicas para favorecer a accesibilidade, a mellora e ampliación de horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e o desenvolvemento dun plan que favoreza as oportunidades laborais para persoas e familias desfavorecidas ou en risco de exclusión.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas