Home O Salnés O Grove Pablo Leiva garante a recuperación das bandeiras azuis para as praias do...

Pablo Leiva garante a recuperación das bandeiras azuis para as praias do Grove “co obxectivo de fomentar a súa promoción, reforzar a súa calidade e mellorar a seguridade”

- Anuncio -

• O candidato do PP cualifica de “vergoña” a actitude do alcalde Cacabelos de “querer agochar o noso concello ao mundo e de non aproveitar as oportunidades socioeconómicas que dá un distintivo coñecido e recoñecido en toda España e en toda Europa”.

• “Non se entende que, co nivelazo de areais que temos no Grove, vaiamos ao revés de todo o mundo cando ademais a provincia de Pontevedra é a segunda de España con máis bandeiras azuis e os concellos da contorna, de todas as cores políticas, están nese camiño e lle saca rédito”, manifestou Leiva.

O candidato do PP de Grove, Pablo Leiva, anunciou na xornada de hoxe que, de alcanzar a Alcaldía tras as eleccións municipais do 28 de maio, unha das primeiras medidas que activará será a recuperación das bandeiras azuis para as praias do Grove “co obxectivo de fomentar a súa promoción, reforzar a súa calidade e mellorar a súa seguridade”.

O cabeza de lista popular garantíu que esta medida porase en marcha de xeito inmediato, cunha planificación exhaustiva de todos os areais susceptibles de optar a este distinto de calidade, de cara ao verán de 2024, “xa que lamentablemente xa non chegaremos a tempo para recibir estas distincións internacionais da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Aedac) para a inminente tempada deste ano”.

O candidato do PP cualificou de “vergoña e sen sentido” a actitude do alcalde José Cacabelos de “quere agochar o noso concello ao mundo e de non aproveitar as oportunidades socioeconómicas que dá un distintivo coñecido e recoñecido en toda España e toda Europa”.

“É unha mostra máis dunha xestión ineficaz, dun capricho e da pechazón do rexedor, que parece que quere agochar un municipio tan marabilloso e con tanto potencial coma o noso e que opta por unha estratexia de tartaruga nun mundo global e que tristemente nos representa como un pobo pechado cando somos todo o contrario, unha xente acolledora”, manifestou o líder popular.

“Cando alguén vai circulando en sentido contrario ao resto dise que é un kamikaze e iso é o que fai o noso alcalde neste tema. Non se entende que, co nivelazo de praias que temos no Grove, vaia ao revés de todo o mundo e que todos os demais concellos da contorna, de todas as cores políticas, vaian por ese camiño e loiten por ter o maior número de areais de calidade xa que iso supón un rédito para o municipio e beneficios claros para o conxunto da veciñanza”, criticou o candidato do PP.

Pablo Leiva detallou que a provincia de Pontevedra vén de ser, novamente, a segunda de toda España, por detrás de Alicante, con maior número de bandeiras azuis e non entende porque O Grove escapa desa cuestión, “xa que poderíamos contribuír, co conseguinte beneficio para todos, que Pontevedra fose a primeira pero é que ademais perdemos unha clara oportunidade de prestixio e promoción”.

O candidato popular, que lembrou que a inmensa maioría dos empresarios do sector do Grove están completamente en contra desta estratexia do goberno socialista, cre que, de entrada, alomenos cinco praias mecas poderían optar a este importa distintivo e non descarta que a cifra puidera duplicarse a medio prazo.

Finalmente, destacou que, a importancia da bandeira azul, radica nas garantías que se lles dá aos seus usuarios no que se refire á calidade das augas, valores ambientais, servizos dos areais e seguridade, polo que cre que “é o momento de mudar esta postura incomprensible e sumarse as cousas que funcionan que, lamentablemente con este goberno, cada vez son menos ou case ningunha”.

Relacionadas

‘Eureka’ descobre os misterios do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño con 14...

0
EuRural pon en marcha unha serie de escape rooms dixitais temáticos relacionados coa cultura, historia e patrimonio de cada un dos concellos do territorio Os...

Curso En liña de linguaxe de signos española

0
A Federación de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) ofrece o curso en liña de Nivel A1.1. de Lingua de signos española. O curso está dirixido...

Luis López adianta ao alcalde de Cambados un apoio de 140.000 euros para a...

0
O presidente mantivo unha reunión con Samuel Lago na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron...

Soutomaior investirá 60.000 euros no Campo de Fútbol Muicipal de Soutomaior

0
As actuacións consistirán na reforma da entrada principal ao campo, mellorando o acceso, así como outra serie de melloras nas instalacións do recinto deportivo,...

A Xunta licita as obras dunha nova Senda Peonil na Vaquería, en Budiño

0
• A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co alcalde, Alejandro Lorenzo, presentou a actuación que supón un investimento...

Mondariz homenaxea as súas primeiras mulleres concelleiras

0
O Concello de Mondariz convida a toda a veciñanza a asistir ao acto “Mulleres Concelleiras” que recoñecerá ás primeiras mulleres da política local. Será...

Publicacións Relacionadas