HomePontevedraO SalnésPara materializar o acordo de nomear Pavillón “CastelaoHelena Mariño” solicitado polo Vilagacía...

Para materializar o acordo de nomear Pavillón “CastelaoHelena Mariño” solicitado polo Vilagacía Basket Cup (CBV).

- Anuncio -spot_img

“O vindeiro sábado, 25 de marzo, é o día elixido para completar a merecida homenaxe do pobo de Vilagarcía a Celestino Brianes Lojo, unha persoa que ligou boa parte da súa vida á defensa, promoción e organización do deporte local. Será mediante o acto de colocación dunha placa co seu nome na entrada principal da piscina municipal de Fontecarmoa, un acto que terá lugar ás 12 do mediodía, e que contará coa presenza dos membros da Corporación Municipal, do Consello Reitor da Fundación Municipal de Deportes, do Club Natación e Salvamento e doutros colectivos deportivos e sociais do municipio que acompañarán á familia de Celestino neste sentido tributo a súa labor e a súa persoa”; acto así anunciado na web municipal que, o BNG, comparte por resultar de xustiza este merecemento; aínda que desde a decisión plenaria que acordou esta distinción “a piscina de Vilagarcía levaba oficialmente o nome de Celestino Brianes. So faltaba a colocación da placa e a homenaxe pública correspondente, acto que se foi pospoñendo, primeiro debido á pandemia e despois ás futuras obras de ampliación, actuación, por certo, defendida por Brianes como representante do club de Natación. Malia que as obras están a piques de iniciarse, o goberno local decidiu non esperar máis para facer constar de forma visible nas instalacións deportivas o nome de Celestino, coincidido coa presentación do proxecto de ampliación da piscina que tanto lle compracería ver executado”. Por iso, malia estar en tempo (pre) electoral, compartimos a celebración do acto.

Certo é que, á par da honra ao Sr. Brianes, debe lembrarse a pendente en favor da petición feita pola entidade organizadora do certame Vilagarcía Basket Cup- Helena Mariño; así:
Con data do 7 de setembro de 2022 formalizouse a petición do Club Baloncesto Vilagarcía, pola que se pide nomear Helena Mariño ao pavillón da rúa Castelao, considerando que: “Así coma se recoñeceu a figura de outras e outros deportistas nacidos na vila, pero coa meirande parte do seu desempeño persoal fóra da mesa, se teña recoñecemento a esta persoa do pobo (Helena Mariño) que desde pequena loitou por e para Vilagarcía”.

Coa idea de manter o seu legado, Alberto Blanco, en representación do CBV, solicita que o pavillón municipal de Castelao pase a chamarse Helena Mariño, ao valorar que:“este recoñecemento non fará máis que dar xustiza a súa labor por e para os vilagarciás que se sentirán orgullosos de ver o seu nome como guía a seguir nun lugar tan emblemático para o baloncesto como este onde tantas horas pasou formando ás novas xeracións”.

Esta petición rexistrada, visto o publicado en prensa, foi do seu coñecemento porque: “a petición informal xurdiu durante a cerimonia de entrega de trofeos da Vilagarcía Basket Cup.

Foi aí cando o speaker anunciouno: o CB Vilagarcía propuxo ao alcalde, que alí estaba, que o pavillón da rúa Castelao pase a denominar pavillón Helena Mariño. Aquel partido da Vilagarcía Basket Cup, que enfrontou ao Monbus Obradoiro e ao Porto, converteuse nunha homenaxe á falecida xogadora do Cortegada e adestradora do CB Vilagarcía. O partido parouse no minuto oito, que era o número co que xogaba, gardouse un minuto de silencio e colgouse unha camiseta co seu nome do teito”.

A súa vez, tamén na prensa, infórmase que: “o goberno local convocará unha xunta de portavoces para abordar o posible cambio de nome do pavillón Castelao polo de Helena Mariño, a xogadora e adestradora de baloncesto que faleceu hai case dous anos”.

Velaí que, no contexto dunha Xunta de Portavoces, aínda que non convocada para esta toma de acordo, unha vez proposto a iniciativa do BNG, a presidenta da devandita reunión anunciou o apoio do Goberno Local á unha denominación que, modificando parcialmente a actual, incluíse a pedida polo Club Baloncesto Vilagarcía, para finalmente denominar ás instalacións deportivas obxecto da solicitude “Pavillón Castelao-Helena Mariño”.

É, por iso, que teño a ben formularlle a petición de abordar este acordo de xeito que no marco da celebración do próximo “VBCUP-Helena Mariño”, se proceda a modificación acordada, pasando a nomear “Pavillón Castelao-Helena Mariño”, cun acto público de xusta homenaxe.

Publicacións Relacionadas