Home Pontevedra A Paradanta A Área Recreativa Bouza de Miguel xa dispos de pista de skate

A Área Recreativa Bouza de Miguel xa dispos de pista de skate

- Anuncio -

• O Concello de Arbo asinaba un Convenio de Cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da xunta de Galicia, para actuación “Skate Park”

• O importe da actuación ascendeu a 29.949,92 € dos que Secretaría Xeral para o Deporte aporta 24.000,00 € e o Concello de Arbo 5.949,92€

• O Concello de Arbo, tamén plantou unha veintena de arbore

O Alcalde de Arbo, Horacio Gil, acaba de anunciar que a Area Recreativa Bouza de Miguel, xa dispón dun novo elemento de ocio para os arbenses.

O Parque Forestal Bouza de Miguel, creado e promovido polo Concello de Arbo coa colaboración da Comunidade de Montes de Arbo, pretende seguir potenciando os fermosos espazos que este municipio ofrece para desfrute de locais e visitantes que se achegan atraídos pola natureza, gastronomía e patrimonio cultural.

Para a financiación da pista de Skate o concello asinoba un convenio de colaboración coa Secretaria Xeral para o Deporte donde este ente da Xunta de Galicia se compromete a aportar 24.000,00 € sendo o importe restante 5.949,92€, asumido con fondos propios do Concello de Arbo .

O Alcalde destaca que “no Concello somos conscientes de que, entre as actividades deportivas que a poboación xuvenil do municipio está a demandar, atópase a práctica de deportes urbanos, en especial do Skate. Detectada esta necesidade, e carecendo actualmente Arbo de instalacións específicas para a súa práctica, desde o Concello procedeuse a solicitar axuda a Xunta de Galicia para a colaboración na creación da Pista e seguir así na linea de atender a demanda de toda a poboación arbense”.

Ademais o Concello de Arbo tamén plantou unha veintena máis de árbores, para mellorar a masa forestal, a calidade de vida e a calidade do aire, e atendemos as demandas veciñais para o mantemento e coidado dos nosos parques e xardíns.

A Area Recreativa Bouza de Miguel, conta cun tobogán xigante, columbios adaptados e titolina, ademáis de contar tamén con mesas e un asador. Este espazo de lecer esta dentro dun entorno único a carón do polideportivo e o Campo de Fútbol e a escasos 100 metros da piscina municipal, cun espectacular miradoiro ao Rio Miño, que o converten no lugar ideal para pasar un día en familia, rodeados de árbores autóctonos e divertidos xogos infantís.

Tamén dende a Area Recreativa, podemos disfrutar do aire libre e o deporte a través do sendeiro que une este parque e o barrio da Estación, un roteiro de aproximadamente un kilometro que nos leva ata a praia fluvial da Estación dende donde podemos comezar o Sendeiro dos Pescadores e rematalo na praia fluvial de Sela ou o Sendeiro do Rio Miño Rio Deva que remata na praia fluvial de San Xoan, ambolas dúas rutas non deixaran indiferente a ningúen.

Dende o Consistorio, agradece a colaboración da Xunta de Galicia que atende as demandas de Arbo, e a Xunta de Montes en man Común de Arbo- manifesta o rexedor arbense- que tamén afirma estar a espera dunha nova cesión de máis terreo por parte da Comunidade de Montes de Arbo, para seguir equipando a Area Recreativa Bouza de Miguel de máis equipamento deportivo, infantil e de lecer.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas