HomePontevedraA LamaLuis López salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana...

Luis López salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana 1,2 millóns de euros para que sete concellos impulsen investimentos, afronten gasto corrente e contraten persoal

- Anuncio -spot_img

“Avanzamos, unha semana máis, no reparto do fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, que xa leva distribuídos 7 millóns de euros neste 2025 entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”, asegurou o presidente

Estes novos recursos beneficiarán a Arbo, Caldas de Reis, Catoira, Lalín, A Lama, Meis e Mondariz-Balneario

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 1,2 millóns de euros para que oito concellos da provincia impulsen novos investimentos, afronten gasto corrente e contraten a 56 persoas ao abeiro das tres primeiras liña do Plan +Provincia 2025. En concreto, Arbo, Caldas de Reis, Catoira, Lalín, A Lama, Meis e Mondariz-Balneario. O presidente provincial, Luis López, asegurou que o goberno provincial segue “avanzando, unha semana máis, no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, que xa leva distribuídos 7 millóns de euros neste 2025 entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”.

Desta maneira, na liña 1, de investimentos, aprobáronse máis de 280.000 euros para Arbo e Lalín. En concreto, Arbo recibirá 100.149 euros para a reposición dun muro e a mellora dun vial en Abelenda, mentres que Lalín contará con 184.086 euros para a mellora da mobilidade peonil na EP 6007 Goleta – Cercio – Estrada Rodo Grántega, unha obra que ten un orzamento total de 613.000 euros e que a Deputación financiará ao 100% a través dun conveno de colaboración co Concello. Ademais, Lalín tamén recibirá 90.493 euros ao abeiro da liña 2, de gasto corrente, destinados ao financiamento das festas desde 2025.

Por último, no marco da liña 3, de emprego, a Xunta de Goberno aprobou 850.000 euros para que os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Lalín, A  Lama, Meis e Mondariz-Balneario poidan contratar a 56 persoas desempregadas. Deste xeito, Caldas de Reis recibirá 152.219 € para contratar a 7 traballadores que desempeñarán as funcións de peóns de obra pública (2), peóns de limpeza (2), oficial de 1ª albanel (1), condutor maquinista (1) e enxeñeiro forestal (1); Catoira 93.228 € para 8 persoas como peóns de limpeza (2), peóns forestais (2), peón operario de rede de sumidoiro (1), albanel oficial 2ª (1), condutor oficial 2ª (1) e auxiliar/axudante de museos (1): Lalín 316.154 € para 16 traballadores como peóns forestais (12), condutores de tractor desbrozadora (2), auxiliar de información turística (1) e condutor de motoniveladora (1), A Lama 112.635 € para 9 persoas como peóns forestais (4), operarios de movemento de terras (3), peón operario de limpeza (1) e auxiliar administrativo (1); Meis 106.752 € para 7 traballadores como peóns de obras públicas (3), fontaneiro (1), albanel (1), electricista (1) e pintor (1), e Mondariz-Balneario 60.089 € para 9 traballadores como peóns forestais (5), peóns de construción (2), técnico de turismo (1) e peón de xardinería (1).

Publicacións Relacionadas