Home Pontevedra A Paradanta O alcalde de Arbo e as asociacións de afectados materán unha reunión...

O alcalde de Arbo e as asociacións de afectados materán unha reunión co secretario de Estado de Medio Ambiente do Ministerio de Transición Ecológica para tratar sobre a LAT 400 KW

- Anuncio -
  • o Ministerio de Transición Ecológica fixou a data para a reunión co alcalde e un representante de cada asociación de afectados o vindeiro 30 de xuño
  • Rede Eléctrica reunirase cos representantes das asociacións e o alcalde o vindeiro 5 de xullo.
  • O Concello de Arbo, con data 4 de maio solicitou unha reunión urxente co Ministerio de Transición Ecológica para tratar sobre a Línea de Alta Tensión ao que acudiría o alcalde e membros das asociación afectadas.

O alcalde e un representante de cada asociación de afectados reuníranse telemáticamente ó 30 de xuño co Secretario de Estado de Medio Ambiente do Ministerio de Transición Ecológica.

Tras a publicación no BOE do martes 26 de abril de 2022 e á vista das novas do Goberno de España sobre a Línea de Alta Tensión, o alcalde reuníase inmediatamente con representantes das dúas asociacións de afectados polo tendido da LAT, para fixar a folla de ruta a seguir en contra do trazado da linea que afecta ao territorio de Arbo.

Dende o Concello de Arbo con data 4 de maio remitíase solicitude urxente de senllas reunións coa Subdelegación do Goberno e co Ministerio de Transición Ecológica a que o alcalde acudiría cun representante de cada asociación. Ao mesmo tempo o grupo do Partido Popular en Arbo levaba ao Pleno unha proposta de rexeitamento de calquera trazado de interconexión que afectase ao termo municipal de Arbo, instando ao Goberno de España, así como aos partidos políticos galegos con representación, tanto no Congreso como no Senado, a presentar iniciativas para que o Goberno de España teña en conta os dereitos dos veciños de Arbo e As Neves.

Das seguintes reunións cos membros das asociacións afectadas chegouse ao acordo de facer unha fronte común entre os concellos afectados, neste caso Arbo, Melgaço, As Neves e Monção e xuntos acudiron á manifestación que tivo lugar o 30 de maio dende Valiñas.

O alcalde, Horacio Gil, reuniuse o pasado 17 de xuño coas asociacións de afectados para trasladarlles que o Ministerio de Transición Ecológica fixou a data para a reunión solicitada o vindeiro 30 de xuño que será telemática dende o Salón de Plenos do Concello e ademais do alcalde asistirá un representante de cada asociación de afectados.

Durante a reunión o alcalde tamén lles trasladou as asociacións que Rede Eléctrica reunirase cos representantes das asociacións e o alcalde, o vindeiro 5 de xullo.

O Concello de Arbo, as asociacións de afectados e os veciños de Arbo seguimos mantendo a postura de rexeitamento deste trazado polo municipio de Arbo.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas