- A xestión da prestación do Servizo de Atención Temperá e en conxunto entre os Concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente.
- A Atención temperá é un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, a súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o seu desenvolvemento, a súa autonomía persoal e a inclusión social.
- O horario de atención en Arbo son os luns e mércores en horario de 8:00 a 18:30 horas
- Para máis información nos servizos sociais do Concello de Arbo
Vista a demanda existente por parte tanto das familias como de diferentes profesionais que traballan no Concello de Arbo, e por profesionais externos como o orientador escolar, a pediatra, a psicóloga do Concello, etc. para atender coa maior calidade e proximidade posible a todos os nenos e nenas de Arbo o Concello de Arbo, polo que o Concello de Arbo, promove este servizo cos concellos de Salvaterra de Miño e Crecente.
Para prestar o Servizo de atención temperá, que esta en funcionamento dende o mes de outubro en Arbo e que se ofrece no CEIP Antonio Carpintero, esta creada unha “Unidade de Apoio Familiar, Atención Temperá e Desenvolvemento Infantil” formada por un equipo multidisciplinar integrado como mínimo, por 3 profesionais das seguintes titulacións: Psicoloxía, Logopedia e Fisioterapia, con formación específica en materia de desenvolvemento infantil e atención temperá e/ou apoio familiar.
As funcións do Servizo de Atención Temperá en Arbo son as seguintes:
Acollida, valoración evolutiva e intervención interdisciplinaria dos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos ou situacións de vulnerabilidade no seu desenvolvemento.
Detección precoz dos trastornos do desenvolvemento ou das situacións de risco de padecelos.
Achega e aplicación integrada de técnicas relacionais de atención temperá.
Apoio emocional, social, informativo e formativo á familia relacionado coa información diagnóstica ou co trastorno do desenvolvemento.
Información, orientación e apoio relacionado co desenvolvemento persoal e as necesidades cotiás.
Orientación sobre outros apoios económicos, sanitarios, educativos e sociais.
Coordinación cos recursos sanitarios, educativos e sociais e apoio ás escolas infantís de primeiro e segundo ciclo.
Análise de contextos e itinerarios con identificación de factores facilitadores e barreiras.
Elaboración e seguimento dun plan personalizado de intervención en colaboración coa familia.
Sensibilización da contorna comunitaria respecto da comprensión do neno con alteracións no desenvolvemento.
Calquera outra que supoña unha mellora na calidade de vida das familias usuarias e que estea dentro das normas establecidas no Decreto 183/2013 de 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá.
O horario de atención en Arbo son os luns e mércores en horario de 8:00 a 18:30 horas. Para máis información nos servizos sociais do Concello de Arbo



