HomePontevedraA ParadantaO concello de Arbo inicia a construción da nova gardería municipal para...

O concello de Arbo inicia a construción da nova gardería municipal para mellorar os servizos á infancia

- Anuncio -spot_img
  • O investimento total ascende a 574.000 euros e as obras teñen un prazo de execución de dez meses, coa intención de poñer en marcha este espazo no próximo ano.

O Concello de Arbo anuncia o comezo das obras para a construción dunha nova gardería municipal, un proxecto que responde á necesidade de ampliar a oferta en servizos infantís e fortalecer o benestar das familias na localidade.

 A nova gardería estará situada no antigo edificio adquirido na zona da Chan, onde tamén se sitúa o centro social recentemente construído. A localización deste centro responde á estratexia municipal de reutilización de infraestruturas existentes para maximizar recursos e ofrecer servizos de calidade á comunidade.

O deseño do futuro centro infantil prioriza a funcionalidade, a accesibilidade e o benestar tanto dos nenos como das súas familias. A infraestrutura incluirá un acceso directo desde o exterior que facilitará a entrada e saída do recinto, ademais dunha zona de aparcamento integrada nun espazo verde, promovendo así unha contorna amigable e cómoda para os pequenos usuarios e os seus responsables.  Un dos elementos destacados da proposta é o patio de xogos, deseñado para ofrecer zonas cubertas e ao aire libre, con espazos de xogo mixto que fomenten a interacción social, o desenvolvemento motriz e a creatividade dos nenos.

Esta área será un espazo seguro, “Este centro infantil en Arbo aspira a converterse nun referente na comarca, non só pola súa funcionalidade, senón tamén polo seu deseño adaptado ás necesidades actuais das familias e o seu compromiso coa inclusión e o acceso universal”, sinalou o alcalde de Arbo, Horacio Gil.

 A iniciativa reflicte a vontade do Concello de ofrecer servizos de calidade que contribúen ao desenvolvemento integral dos nenos e apoian a conciliación familiar. O compromiso do goberno municipal en mellorar as condicións de vida da cidadanía materialízase en proxectos estratéxicos destinados a potenciar ámbitos como a educación, os servizos sociais e a conciliación da vida familiar e laboral.

A construción desta gardería forma parte destas accións, reafirmando que cumprir coas promesas electorais e responder as necesidades sociais son prioridades do mandato actual.

A principal finalidade deste espazo será ofrecer unha contorna segura, estimulante e apropiado para a primeira infancia, promovendo en cada etapa a socialización, a creatividade e a aprendizaxe.  A creación da gardería tamén busca facilitar a conciliación laboral dos pais e nais, facilitando que poidan compatibilizar as súas responsabilidades familiares coas súas actividades profesionais.

A conclusión das obras está prevista para dentro de dez meses, momento no cal se procederá ao equipamento e posta en marcha do centro, cumprindo cos estándares de calidade e seguridade requiridos neste tipo de instalacións. A previsión é que estea operativa no próximo curso escolar, beneficiando a numerosas familias da comarca.

Este proxecto reflicte a vontade do Concello de Arbo de seguir investindo no benestar social e no futuro das novas xeracións. A creación de espazos pensados para os pequenos é parte fundamental da estratexia municipal para construír un municipio adaptado as necesidades dos seus habitantes.

Publicacións Relacionadas