HomeO MorrazoMarínPastoriza estrea novo pavimento e mellora a seguridade viaria de toda a...

Pastoriza estrea novo pavimento e mellora a seguridade viaria de toda a zona

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acompañados polo delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Regueira, visitaron as obras da segunda fase, que acaban de executarse por case 50.000 euros (IVE incluído), con cargo a unha subvención da Xunta de Galicia

A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acompañados do delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Regueira, e da veciñanza da zona, visitaron as obras de mellora do mantemento da estrada de Pastoriza, por un importe de case 50.000 euros, que se financiarán con cargo a unha subvención do Plan Camiña Rural 2025-2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Trátase da segunda fase, que complementa á primeira e que así dá por finalizada a actuación en toda a vía, que conecta o núcleo de Pastoriza coa estrada autonómica PO-313, sendo fundamental para o desenvolvemento económico da zona, xa que é a única alternativa de acceso.

Tal e como puideron comprobar in situ, rehailitouse o firme da vía e aproveitáronse determinados sobreanchos para acadar unha calzada mínima de 5 metros, cunha pavimentación de 5,20 metros, que se ampliou a 6 metros nas curvas máis conflictivas. Esta ampliación facilita o cruce de dous vehículos e mellora a visibilidade, aumentando así a seguridade viaria na zona.

Un dos puntos chave desta intervención foi a mellora do drenaxe da vía, que contribuirá a un desaugue máis eficaz das augas pluviais. A apertura de cunetas, a pavimentación de certos tramos e a instalación de drenaxes son elementos esenciais que preservarán máis a longo prazo o firme da calzada, alongando a súa vida útil e evitando a contaminación do solo e das augas subterráneas.

A alcaldesa quixo destacar “a importancia que teñen liñas de axudas como as do Plan Marco para poder actuar en vías destas dimensións, que requiren moita inversión, pero que son estratéxicas para os habitantes das zonas que as arrodean”.

Publicacións Relacionadas