Home Pontevedra Baixo Miño Paula Pier pecha a programación de outono no Teatro Municipal de Tui...

Paula Pier pecha a programación de outono no Teatro Municipal de Tui con “Eu, Fraude!”

- Anuncio -

Será este venres 15 de novembro. Trátase dun espectáculo de poesía e música que conta unha historia de amor propio convertida nunha festa

“Eu, Fraude!” é o título do espectáculo que este venres, 15 de novembro, ás 21 h presenta Paula Pier no Teatro Municipal de Tui pechando a programación de outono neste espazo.

Cun elenco conformado pola propia Paula Pier, Chus López, Sandra Pérez e María Velasco, anima ao público a facerlle un canto á vida, para liberarse das caretas autoimpostas pola sociedade.

Este espectáculo fala da posibilidade de agarrarse forte á vida e de gritarlle ao mundo coa voz do noso propio ser, con poesía e cancións para realizar unha viaxe emocional, positiva e esperanzadora.

O espectáculo conta cunha duración de 75 minutos. As entradas están á venda en tui.gal até o venres ás 20.50 h aos prezos de 8€ e 6€.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, destaca a acollida da programación de outono que se puido disfrutar neste espazo escénico dende inicio de outubro con espectáculos para todos os públicos. Hoxe precisamente a concelleira Sonsoles Vicentes, xunto á tudense Sandra Pérez, e a tomiñesa afincada en Tui, Chus López, que forman parte do elenco do espectáculo, estiveron no Teatro Municipal visitando o espazo escénico onde se desenvolverá “Eu, fraude”.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas