Home Vigo Pazos de Borbén Pazos de Borbén abre as súas piscinas municipales

Pazos de Borbén abre as súas piscinas municipales

- Anuncio -
  • Os abonos individuais de tempada pódense adquirir por 15 euros e os familiares, para pais e fillos, por 30
  • Tras o peche obrigado do ano pasado pola pandemia, o Concello de Pazos de Borbén acaba de abrir de novo ao público as súas dúas piscinas municipais. O horario será de 16:00 a 21:00 horas todos os días da semana e para acceder será necesario seguir as indicacións sanitarias do persoal.
    A principal novidade deste ano é o protocolo sanitario derivado da pandemia. Por iso, o aforo de cada piscina verase reducido, non se poderán utilizar os vestiarios e será necesario o uso da máscara sempre que non se poida manter a distancia de seguridade co resto de usuarios. Os protocolos de seguridade poderán cambiar en función da situación sanitaria do municipio.

  • O prezo de acceso para os bañistas segue sendo de 1 euro para a entrada xeral, un pase válido para un día completo que pode adquirirse na porta do recinto. Os que queren gozar de calquera das dúas piscinas habitualmente poden adquirir o bono individual por 15 euros, ou o bono familiar por 30 euros e que permite o acceso de toda a unidade familiar. Ambos os bonos son válidos ata o final de tempada, unha data que dependerá das condicións meteorolóxicas.

  • Os abonos serán válidos e intercambiables entre os dous recintos, expediranse de maneira persoal co que simplemente haberá que acompañalos dalgún documento de identificación oficial para o acceso ao recinto. Os interesados en recibir máis información ou en solicitar os seus abonos deben dirixirse ás oficinas municipais da Casa do Concello, ou dirixirse ao teléfono 986 498 934. O custo dos abonos debe facerse efectivo no momento da solicitude.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas