Home Vigo Pazos de Borbén Pazos de Borbén avanza con forza na mellora de infraestruturas rurais

Pazos de Borbén avanza con forza na mellora de infraestruturas rurais

- Anuncio -

• Luciano Otero supervisa a pavimentación do Camiño Puntapaciños, que facilita o acceso a fincas e vivendas.

O alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, visitou as obras de pavimentación do Camiño Puntapaciños, unha actuación clave que mellorará o acceso a fincas e vivendas da zona. Este proxecto, promovido polo goberno local, forma parte dun ambicioso plan de mellora das infraestruturas rurais, que busca facilitar a mobilidade e incrementar a calidade de vida dos veciños e veciñas do municipio.

O grupo de goberno liderado por Luciano Otero destacou que estas obras responden a unha demanda histórica da veciñanza e que, unha vez completadas, ofrecerán un acceso máis seguro e eficiente ás propiedades. “Seguimos apostando polo desenvolvemento de proxectos que beneficien directamente á xente, escoitando as súas necesidades e dando respostas concretas”, afirmou o alcalde durante a súa visita ás obras.

O proxecto estará finalizado nas vindeiras semanas, garantindo que o acceso a fincas e vivendas quede mellorado antes da chegada do inverno. Luciano Otero e o seu equipo continúan traballando para que Pazos de Borbén siga liderando en infraestruturas rurais, apostando sempre polo benestar e o progreso da comunidade.

Relacionadas

Luis López cita un turismo sustentable, desestacionalizado e centrado no territorio como piares comúns...

0
O presidente provincial participa en Ribadumia na presentación do Plan Estratéxico de Turismo do Salnés que impulsa a Mancomunidade para o período 2024-2028 O presidente...

Coral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa Boas Vibes

0
Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 h celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga/cómic a cargo Coral...

O PP esixe o cumprimento do acordo plenario de 2023 para o arranxo e...

0
• Pardo: “Os nenos teñen dereito a xogar en plenas condicións de seguridade e salubridade, porque hai zonas infantís que se converteron no refuxio...

A ponte sobre o río Cotarel volve unir as parroquias de Randufe e Pazos...

0
A infraestrutura vírase afectada polas choivas de xaneiro de 2023. As obras, cun investimento superior aos 192 mil euros, recuperaron o trazado orixinal do...

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar o enoturismo...

0
O presidente provincial Luis López remarcou que a actividade, que terá lugar o domingo 10 de novembro e servirá para festexar o Día Mundial...

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán este venres do novo modelo...

0
O alcalde de Soutomaior explicará a proposta do Goberno de Soutomaior para a humanización da N-550 ao seu paso por Arcade. O BNG de Soutomaior...

Publicacións Relacionadas