Home Vigo Pazos de Borbén Pazos de Borbén inicia os traballos de humanización da contorna do concello...

Pazos de Borbén inicia os traballos de humanización da contorna do concello e o pavillón de deportes

- Anuncio -
  • A actuación inclúe a renovación do parque infantil da praza e a creación de máis de 700 metros cadrados de novas beirarrúas

  • O Concello de Pazos de Borbén acaba de iniciar as primeiras tarefas para levar a cabo a humanización da contorna da Casa do Concello e o Pavillón municipal de Deportes. Unha mellora coa que o goberno local pretende mellorar a seguridade viaria dos usuarios do centro deportivo, o colexio, o centro de saúde e a propia Casa do concello. A actuación conta cun orzamento total de execución de 101.761,90€.
  • Os traballos de humanización consistirán na creación de máis de 700 metros cadrados de novas beirarrúas no punto que máis os servizos públicos aglutina do municipio. Para iso, xa se iniciaron os primeiros traballos de instalación dos colectores e conducións para o sistema de drenaxe e evacuación de augas pluviais.
  • Unha vez finalizada a instalación do sistema de drenaxe instalaranse as novas beirarrúas, que contarán cunha base de formigón e lousas de granito. Os materiais utilizados en toda a humanización serán similares aos existentes no resto da urbanización actual para conseguir a maior homoxeneidade posible con todo o conxunto.
  • A urbanización completarase coa instalación de cinco novas luminarias de baixo consumo, unha balaustrada rústica de madeira de máis de 200 metros de longo como elemento de seguridade perimetral, e o resto do mobiliario público habitual como bancos e papeleiras.
  • O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, destacou que esta humanización está incluída no plan de mellora de infraestruturas local, unha planificación na que tamén se incluía a mellora do revestimento da Casa do Concello. “Aos poucos estamos a renovar e actualizando a imaxe e a funcionalidade de toda a praza. Esta mellora supoñerá un avance para os usuarios de todos os servizos públicos da contorna, que son practicamente todos os veciños”, finalizou Iglesias.
    Mellora parque infantil
  • Ademais da humanización da contorna, o Concello de Pazos de Borbén estableceu como unha mellora no prego de condicións do concurso público a inclusión da renovación do parque infantil situado na Praza do Concello. Desta maneira, a actuación levará a cabo nas próximas semanas e incluirá a renovación de todos os elementos do parque de xogos e a substitución de todo o pavimento, xa deteriorado polo uso e a climatoloxía.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas