HomeVigoPazos de BorbénPazos de Borbén pon a punto os seus cemiterios para o Día...

Pazos de Borbén pon a punto os seus cemiterios para o Día de Todos Os Santos

- Anuncio -spot_img
  • Actuouse nos sete camposantos do municipio e na capela da parroquia da Ermida
  • Anticipándose á celebración do Día de Todos os Santos, o Concello de Pazos de Borbén está a ultimar as tarefas de mantemento e limpeza dos cemiterios existentes no municipio. Os traballos centráronse nunha limpeza integral dos recintos e asegurar o bo estado das zonas de acceso e aparcamento.
  • O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, indicou que “os traballos de mantemento realízanse ao longo de todo o ano, pero nestas datas intensifícanse para que as familias que se acheguen a ver aos seus achegados poidan acceder sen problemas e atopen o recinto nas mellores condicións posibles”
  • Os primeiros traballos centráronse nos aparcamentos e entradas dos camposantos para facilitar o acceso por parte dos veciños e visitantes durante estas datas. Para iso, realizouse unha limpeza integral dos accesos e realizáronse tarefas de poda no arboledo e nos elementos ornamentais que rodean os camposantos.
  • Dentro dos recintos os traballos centráronse no mantemento das zonas verdes e na limpeza dos camiños interiores con métodos non abrasivos e sen usar xabóns nin produtos químicos que poidan danar os elementos do patrimonio etnolóxico local.
  • Por último, en varios cemiterios realizáronse tarefas de reparación e mantemento no sistema de evacuación de pluviais e de desaugadoiro. Principalmente para retirar os restos de masa orgánica caídos durante as últimas choivas e que poderían atascar os condutos de liberación da auga.

Publicacións Relacionadas