Home Vigo Pazos de Borbén Pazos de Borbén recupera a celebración da súa festa patronal en honra...

Pazos de Borbén recupera a celebración da súa festa patronal en honra a Santa María

- Anuncio -

A verbena nocturna contará as actuacións musicais de Manoele de Felisa e o Grupo Fórmula

O Concello de Pazos de Borbén celebra este luns a súa festa patronal en honra a Santa María de Pazos tras dous anos sen celebrarse pola pandemia. A xornada contará cos tradicionais ritos relixiosos e actuacións musicais e finalizará coa clásica verbena na que non faltará a animación musical ademais dos tradicionais postos e atraccións.

A xornada comezará coa celebración dunha misa solemne a partir das 13:00 horas na Igrexa de Santa María de Pazos. A continuación, terá lugar a tradicional procesión na que non faltará a animación musical a cargo da Banda de Música de Arcade. Ás 22:00 horas, na praza do Concello, comezará o concerto de Manoele de Felisa e, a continuación, celebrarase a tradicional verbena nocturna que contará, ademais dos clásicos postos e atraccións, cun baile animado por Grupo Formula.

Historicamente, a organización da celebración das festas patronais de Santa María de Pazos dependeu de varios colectivos. Orixinalmente dependía do consistorio local ata que, a mediados do século pasado, os emigrantes retornados de Brasil fixéronse cargo da festividade dado o seu alto poder adquisitivo. Xa case na década dos 70, xa practicamente sen emigrantes retornados, pasou a mans dos veciños e, tras deixar de celebrarse durante varios anos, en 2019 o goberno local fíxose cargo da súa organización para manter a tradición.

“Manter vivas as nosas tradicións é unha forma de manter con vida a nosa historia”, destacou o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, que engadiu que “despois da pandemia os veciños teñen moitas ganas de recuperar as festas tradicionais do verán, é como a confirmación de que todo quedou atrás”, finalizou o rexedor.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas