HomeVigoPazos de BorbénPazos de Borbén rende´ra unha homenaxe á inigración do municipio na próxima...

Pazos de Borbén rende´ra unha homenaxe á inigración do municipio na próxima festa dos Remedios

- Anuncio -spot_img

O acto contará coa animación musical do grupo Coribantes de buchabade

O Concello de Pazos de Borbén renderá unha homenaxe ás familias de emigrantes do municipio cun concerto durante a próxima celebración tradicional da Festa dos Remedios, o domingo 3 de xullo a partir das 20:00 horas no Adro de Moscoso.

O alcalde, Andrés Iglesias, e a tenente de alcalde, Eloisa Nogueira, presentaron o evento xunto ao monumento ao emigrante, situado na parroquia de Moscoso, en representación “dos que tanto loitaron fóra da súa terra pero que nunca esqueceron as súas raíces e sempre levaron con orgullo o nome de Pazos de Borbén”, destacou o alcalde. Pola súa banda, Nogueira indicou que “se escolleu a celebración dos Remedios coincidindo co tradicional retorno dos emigrantes para gozar desta festividade xunto ás súas familias”.

Durante o acto de homenaxe, poñerase en valor a importancia do traballo destes veciños na historia do municipio cun recoñecemento público que finalizará coa animación musical do grupo Vos Coribantes de Buchabade, que interpretará varios temas tradicionais.

Publicacións Relacionadas