Pechada ao tráfico a rúa Ribeira o domingo de 9.00 a 12.00 horas

adminON
Lectura mínima de 1

A rúa Ribeira, no centro da vila de Redondela, estará pechada ao tráfico o próximo domingo, día 28 de xaneiro, de 9.00 a 12.00 horas por traballos á altura do número 17 desta vía. Unha instalación programada no edificio obriga a utilizar na vía pública un vehículo de gran tonelaxe que manterá a rúa cortada no horario establecido.
O tráfico desviarase pola Praza da Constitución e a rúa Telmo Bernárdez.

Comparte este artigo