HomePontevedraPontevedraPepa Pardo denuncia o “brután malgasto” que fai o Goberno de Sánchez...

Pepa Pardo denuncia o “brután malgasto” que fai o Goberno de Sánchez “co diñeiro de todos os españois” como no Vigo Global Summit

- Anuncio -spot_img

● A senadora do PP asegura que o custo foi de “4.500 euros o minuto de conferencia”, cun auditorio que non chego nin á metade do seu aforo e cun “retorno á cidade de Vigo máis que discutible”

● “Non será señora Montero que vostede pretende pagarlle a campaña electoral ao PSOE de Vigo co diñeiro de todos os españois?”, interpela a senadora á ministra.

● “Encabezan a Champions League da corrupción e o malgasto”, denuncia Pepa Pardo, tras o que lembra que o Goberno destinou máis dun millón de euros para reformar os áticos de luxo de Óscar Puente e Ana Redondo

Pepa Pardo denuncia o “brután malgasto” que fai o Goberno de Sánchez “co diñeiro de todos os españois” como no Vigo Global Summit .

Pardo, tras preguntar á vicepresidenta do Goberno e ministra María Jesús Montero, se considera que o diñeiro público non é de ninguén, esíxelle que “deixe de mentir e de tirar o diñeiro de todos os españois e que explique “que vai facer #ante o malgasto de zona franca de Vigo”.

A senadora do PP sinala que o Vigo Global Summit, organizado por Zona Franca de Vigo, dependente directamente do Ministerio de Facenda, é “un evento que durou tan só día e medio con 5 conferencias e 3 mesas redondas e que custou a friorenta cifra de 1,2 millóns de euros de todos os españois”.

Lembra que esta cifra é o dobre que a edición anterior e sucede así porque case a metade dese importe, case 500.000 euros destinárono a publicidade; e “curiosamente adxudicado a unha única empresa, a que leva as campañas electorais do PSOE de Vigo”.

“Non será señora Montero que vostede pretende pagarlle a campaña electoral ao PSOE de Vigo co diñeiro de todos os españois?”, interpela a senadora á ministra.

Pepa Pardo fala de “malgasto económico” porque 55 minutos dunha das conferencias pagáronse a 249.500 euros máis IVE, a 4.500 euros o minuto de conferencia, cun auditorio que non chego nin á metade do seu aforo e cun “retorno á cidade de Vigo máis que discutible”.

“Cantos soldos medios pagáronse por minuto de conferencia señora Montero?”, pregunta á ministra, tras o que cualifica isto como de “indecencia”. Mentres os españois non chegan a fin de mes, cunha cesta da compra que cada día dispárase máis, cuns autónomos aos que asfixian a impostos: “Non lle dá vergoña? O día que Sánchez cruzou a porta da Moncloa vostedes perderon a vergoña e a dignidade”, apostila Pepa Pardo.

“Encabezan a Champions League da corrupción e o malgasto”, denuncia Pepa Pardo, tras o que lembra que o Goberno destinou máis dun millón de euros de todos os españois, para reformar os áticos de luxo de Óscar Puente e Ana Redondo.

Igualmente, recalca que o Goberno gasta case 80 millóns de euros para que o ‘caudillo namorado’ e os ministros “xoguen a ser influencers”. Acusa o Goberno de ser “auténticos artistas en non dar un pau á auga e vivir co diñeiro dos demais”, senón que llo pregunten ao irmán de Sánchez, “o que non sabía nin onde estaba a oficina que dirixía”. Tamén cita á cuñada da senadora e tenente de alcalde Vigo, “outra experta en cobrar sen ir traballar”: 108.000 euros cobrou de todos os vigueses que “non tivo a decencia de devolver

Publicacións Relacionadas