• A senadora indicou que a dragaxe do rio Lérez, é unha das principais reivindicacións da cidadanía de Pontevedra desde hai décadas, e que desde o ano 2021 atópase completamente bloqueado polo Estado.
• O Ministerio de Transición Ecolóxica prohibiu a vertedura de áridos no punto exterior de Sálvora, paralizando así a dragaxe, non só do río Lérez, senón tamén de todas as dragaxes do litoral galego ao sur de Muros.
• Pardo lembrou que a Xunta ten consignada unha partida orzamentaria de 3M€ para a execución da dragaxe, pero para poder executar dita partida, é necesario que o Ministerio determine o punto de depósito dos áridos.
A senadora pola provincia de Pontevedra, Pepa Pardo, rexistrou na Cámara alta varias preguntas dirixidas ao Ministerio de Transición Ecolóxica sobre a dragaxe do Lérez, proxecto que se atopa na actualidade completamente bloqueado polo Goberno de España.
Pepa Pardo indicou que a dragaxe do rio Lérez, é unha das principais reivindicacións da cidadanía de Pontevedra desde hai décadas, e que desde o ano 2021 atópase bloqueado polo Ministerio de Transición Ecolóxica, xa que prohibiu a vertedura de áridos no punto exterior de Sálvora, paralizando así a dragaxe, non só do río Lérez, senón tamén de todas as dragaxes do litoral galego ao sur de Muros.
Desde entón, segundo indicou, a senadora pontevedresa, a Xunta de Galicia estivo reclamando do Ministerio de Transición Ecolóxica a autorización dun novo punto de depósito dos áridos que se extraian desta obra e que permita desbloquear, dunha vez por todas, a dragaxe do rio Lérez.
Pardo reclama concretamente ao Goberno central que se lle informe se xa teñen un novo punto de verteduras dos áridos que se extraian da dragaxe do río Lérez, e en caso contrario, a que está a esperar o Ministerio para autorizar un novo punto de depósito dos áridos que permita reactivar o tan necesario dragad, así como os prazos que manexan para autorizar, dunha vez por todas, un novo punto de depósito.
A senadora pontevedresa lembrou que a Xunta de Galicia consignou unha partida orzamentaria de 3M€ para a execución da dragaxe do rio Lérez, pero para poder executar dita partida, é necesario que o Ministerio determine o punto de depósito dos áridos.
Así mesmo, lembrou que xa no mes de xullo, Portos de Galicia remitiu ao Estado a documentación complementaria que este requiría, sen que, ata data de hoxe, tívose obtido ningunha resposta por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica relativa a un novo punto de depósito dos áridos da dragaxe do rio Lérez para poder reactivar a obra.

