HomePontevedraDezaPersoas usuarias de Medelo traballan nunha obra conxunta que representa a diversidade...

Persoas usuarias de Medelo traballan nunha obra conxunta que representa a diversidade do Camiño de Santiago

- Anuncio -spot_img

Os centros de COGAMI de Silleda, Pontevedra, Mos e Lugo traballan en diferentes disciplinas artísticas co fin de achegarse á arte e á diversidade das rutas dos Camiños Francés, Sanabrés e Portugués.
Durante esta semana, as vinte e sete persoas usuarias do centro de recursos que COGAMI
ten en Medelo participan nun obradoiro artístico que lles imparten o artista plástico, Misha
Bies Golas, e maila pedagoga experta en mediación cultural, Alba Cacheda, ámbolos dous
lalinenses.
Este obradoiro, no que aprenden a modelar materiais naturais como o vimbio ou a madeira,
está enmarcado dentro do proxecto denominado `Caminarte´, unha proposta por
achegar a arte ás persoas con discapacidade e tamén, para achegar a discapacidade ás
persoas do mundo da arte.
En Medelo durante esta semana están a traballar nunhas esculturas modeladas con
materiais aportados polas propias persoas usuarias da súa vida cotiá, valendo dende unha
pedra do camiño á casa ata un obxecto con valor sentimental, o importante é que parten
dunha iniciativa particular a unha obra final que será realizada en conxunto.
Financiado a través do programa o Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, e coordinado pola
Federación COGAMI Coruña, a través deste proxecto preténdese que as persoas usuarias
dos centros de recursos para persoas con discapacidade que COGAMI ten en Medelo, Lugo, Pontevedra e Mos poñan en valor o traballo en equipo, a convivencia e o contacto con
elementos naturais, como así ocorre nas rutas xacobeas que transcorren preto dos centros:
o Camiño Francés, o Sanabrés e o Portugués.
Na procura dunha aprendizaxe activa e participativa, nos catro centros realizarán obras que
se entrelazarán entre si, para pasar do individual, onde cada unha das persoas decidirá que
facer e como realizalo, ata o traballo final conxunto. Para levalo a cabo contarán de 20 horas divididas en obradoiros de catro horas diarias nas que participan tanto as persoas usuarias, como as traballadoras do centro.
Ademais das esculturas en Medelo, os outros centros dedicaranse a pintar coas mans,
cadeiras de rodas ou cos pés, materiais reciclados, para crear unha obra que pretende ir
avanzando como o Camiño de Santiago. Noutro centro, a arte tomará vida cando as sementes que van plantar as persoas usuarias empecen a xerminar nunhas mallas que
terán que coidar e mimar.
Para levar a cabo este proxecto, ademais do artista plástico Misha Bies Golas e a
educadora que traballa coa arte contemporánea, Alba Cacheda, colaboran tamén o artista
plástico lucense Carlos Maciá e a artista valenciana afincada en Santiago de Compostela,
Irene Grau.

Publicacións Relacionadas