Home O Salnés Meis Petición do BNG para solucionar o problema de asolagamentos no lugar de...

Petición do BNG para solucionar o problema de asolagamentos no lugar de Guimeráns, na parroquía de San Martiño na estrada que vai de San Salvador a Arosa

- Anuncio -

O BNG de Meis ven de rexistrar unha petición debido a que as actuacións de mellora do pavimento da estrada provocaron uns gravísimos problemas de inundacións que dificultan o normal desenvolvemento da vida cotiá e resultan un problema de seguridade viaria.

Estás actuacións foron feitas baixo supervisión do técnico municipal, tal e como foi narrado pola veciñanza da zona nas reunións co BNG. É unánime o relato de todxs xs veciñxs en coincidir que o técnico foi avisado, en máis dunha ocasión, que no lugar da pavimentación pasaba un desaugadoiro que levaba a auga por debaixo da vía até os campos situados debaixo. Nunha destas ocasións xs veciñxs comentáronlle ao técnico, en presencia da alcaldesa, que non se podía cegar o desaugadoiro porque a estrada ía ficar inundada. A resposta do técnico foi, segundo comentan xs veciños, unha falta de respecto cara a eles incidindo na súa capacidade de técnico fronte a ignorancia veciñal.

A zona sempre tivo problemas no inverno e vai a agravarse moitísimo máis, despois da actuación realizada, en canto cheguen as choivas, pois a pasada semana choveu insignificantemente na zona e o BNG foi avisado pola veciñanza para que veramos cal era o estado da vía e o tremendo charco que se formaba na estrada de san Salvador-Arosa. Puidemos comprobar que a estrada estaba case intransitábel e que os veciños apenas podían cruzar a estrada para, por exemplo, tirar o lixo.

Dende o BNG quedamos coa veciñanza en pasar a información por escrito á alcaldía e en solicitar que se depuren as responsabilidades necesarias desta desfeita. Dende o BNG somos moi conscientes que a alcaldía debe seguir as recomendacións dos técnicos, pero cando estas recomendacións rozan o esperpéntico e son resultado dun “ordeno e mando” máis que dunha decisión motivada por razóns técnicas, como así quedou demostrado, é deber do BNG defender á veciñanza de Meis e solicitar unha aclaración inmediata por parte da alcaldía de porque se realizou a obra deste xeito en contra de toda razón lóxica, porque a solución o problema vai supor o gasto duns cartos públicos (chegando o absurdo de ter que levantar a obra feita para poder solucionar o problema co cal estaríamos a falar dun triplo gasto) e alguén ten que facerse responsábel deste gasto e asumir as súas responsabilidades.

Por iso pedimos:

1/ Que se solucione o problema de inundacións no lugar de Guimeráns, na parroquia de San Martiño, na estrada que vai de San Salvador a Arosa no prazo máis breve posíbel debido a perigo que representa e os problemas que carrexa á veciñanza.

2/ Que se abra, de xeito inmediato, unha investigación para poder aclarar de quen é a responsabilidade de semellante desfeita polo gasto que supón para o erario público.

3/ Que a investigación sexa levada o coñecemento do pleno de Meis para poder, no seu caso, solicitar responsabilidades polo dano ocasionado.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas