Home A Paradanta A Cañiza Piña ten desde hai un ano o informe do técnico municipal que...

Piña ten desde hai un ano o informe do técnico municipal que urxía medidas de seguridade “que non admitían demora” no inmoble derrubado

- Anuncio -

• Miguel Domínguez denuncia que “o alcalde non só oculta o informe, ademais o ignora deliberadamente. Piña é o único responsable de dar a orde de actuación, non o fixo e ao final pasou o que pasou”.

O Partido Popular da Cañiza esixiu onte ao alcalde, Luis Piña, explicacións sobre o derrubamento do edificio da rúa Progreso. Foi durante o pleno ordinario que celebrou o Concello da Cañiza, no que o voceiro do PP, Miguel Domínguez, presentou un informe do Técnico Municipal de Urbanismo, asinado o 19 de Outubro do 2021, que motivado por unha denuncia dun colindante, declara o inmoble en “estado de ruína” xa que “non reúne as condicións de seguridade nin de habitabilidade suficientes”, ademais de instar ao Concello a “ADOPTAR AS SEGUINTES MEDIDAS QUE NON ADMITEN DEMORA:

a) Precintado da edificación, tendo en conta que a edificación se atopa xa deshabitada e non procede ao seu desaloxo.

b) Rede vertical de protección perimétrica, tipo pantalla, para evitar que posible desprendementos causen danos a persoas ou bens.

c) Rede horizontal de protección, tipo pantalla, e afianzamento das fixacións dos elementos que compoñen a súa cuberta para evitar o seu posible desprendemento ou vo ante fortes ventos.

d) Apontoamento do forxado unidireccional de madeira.

e) Apeo das fachadas da edificacións.

f) Sinalización do perigo na vía pública”.

Segundo declara Domínguez, “o alcalde non só oculta o informe, o máis grave é que o ignora deliberadamente. E unha vez que é descuberto publicamente, tenta botarlle a culpa aos técnicos e operarios do Concello, alegando falta de persoal, pero a realidade é que o persoal fixo o seu traballo e o Técnico Municipal inspeccionou o inmoble e emitiu o informe correspondente e todos os operarios e a policía local eran coñecedores da situación, pero Piña, como único responsable de dar a orde de actuación, non o fixo e ao final pasou o que pasou”.
Desde o Partido Popular pedíuselle ao alcalde o expediente completo desta actuación para “a súa revisión e proceder a tomar as accións legais que correspondan”.
“Piña é o máximo responsable, porque non só desoíu as denuncias e os reiterados avisos dos veciños, se non que se atreveu a ignorar e ocultar o informe do Técnico Municipal”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas