HomeVigoBaionaPleno de marzo 2025 do concello de Baiona

Pleno de marzo 2025 do concello de Baiona

- Anuncio -spot_img

O Concello de Baiona celebrou esta mañá día 13 de marzo, o Pleno mensual. Os puntos máis importantes da orde do día aprobados foron:

O CONCELLO DE BAIONA INCORPÓRASE Ao SISTEMA DE SEGUIMENTO INTEGRAL DOS CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO (VIOGEN):
Foi aprobado por UNANIMIDADE o borrador do Convenio coa Secretaría de Estado de Seguridade para a incorporación do Corpo de Policía Local de Baiona ao Sistema de Seguimento Integral dos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioGén) e será efectivo xa a partir do mes de abril. Será o primeiro concello do Val Miñor en dispoñer deste sistema. O seguimento que realizarán os policías locais serán ás vítimas de Violencia de xénero de risco baixo. O Convenio ten unha duración de catro anos, cunha posible prórroga doutros catro.

ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DE ZONAS VERDES:
Será durante os próximos 4 anos, con posibilidade dun ano de prórroga á UTE Construtora San José -O Ejidillo Viveiro Integrais por importe de 898.801,86 euros (sen IVE). Conseguirase unha importante mellora con respecto ao servizo actual: triplícase o financiamento, auméntanse as frecuencias e inclúense pódalas. Aprobouse cos 11 votos a favor do Partido Popular.

APROBACIÓN DA MOCIÓN QUE SOLICITA Ao GOBERNO DE ESPAÑA O INCREMENTO DE MÉDICOS DE ATENCIÓN PRIMARIA
Aprobouse cos 11 votos do Partido Popular unha Moción que solicita ao Goberno de España o incremento de médicos de Atención Primaria a través de:
A axilización da homologación de títulos dos profesionais sanitarios doutros países.
A incorporación de maneira inmediata as novas prazas acreditadas á oferta formativa de especialistas.
Modificar o estatuto Marco para elevar a idade de xubilación dos que así o desexen.
Acelerar a implantación da especialidade de médico de Urxencias Impulsar medidas que permitan incentivar as prazas de difícil cobertura

Publicacións Relacionadas