Home Pontevedra Poio Poio acadou durante toda a tempada estival unha ocupación hoteleira media de...

Poio acadou durante toda a tempada estival unha ocupación hoteleira media de preto do 65%

- Anuncio -

• O maior índice rexistrouse durante os primeiros quince días do mes de agosto, cando se rozou o 95%, mentres que na primeira quincena de setembro as reservas chegaron ata o 40%

• A Oficina de Turismo de Combarro recibiu a máis de 700 visitantes no que vai de mes, segundo informa a tenente de alcalde e responsable da área, Silvia Díaz (Avante Poio)

O concello de Poio pechou a tempada estival acadando unha ocupación media, entre o 1 de xullo e o 15 de setembro, que practicamente chegou ao 65% (64,6). Así figura no informe elaborado polo departamento de Turismo, dirixido pola tenente de alcalde, Silvia Díaz (Avante Poio), en base á información achegada polos establecementos hoteleiros regulados do municipio que estiveron operativos durante o verán, entre os que se inclúen hoteis, apartamentos, casas rurais, albergues e pensións.

Tal e como lembra Díaz, o pico de ocupación rexistrouse durante a primeira quincena de agosto, cando se rozou o 95%, o mellor dato nos últimos anos nese período. Con respecto ao tramo final da tempada, correspondente ás dúas primeiras semanas de setembro, o índice de reservas chegou ata o 40%. “O que nos traslada o sector é que, en liñas xerais, as expectativas do verán cumpríronse e agora toca seguir traballando para que esta actividade continúe a consolidarse como un dos principais motores económicos do municipio”, sinala a concelleira de Turismo. No caso da porcentaxe correspondente a setembro, Silvia Díaz recoñece que “os datos previos á pandemia da COVID-19 son máis elevados, pero hai que ter en conta que durante estas dúas últimas semanas rexistráronse varios días de chuvia e mal tempo”. Outro factor a ter en conta foi o adianto do inicio do curso escolar con respecto a anos anteriores, o que provocou que se resentise o turismo familiar, moito máis consolidado durante xullo e agosto.

Oficinas de Turismo
Con respecto á actividade rexistrada nas Oficinas de Turismo, situadas na Escola do Campo de Combarro e no Casal de Ferreirós (San Salvador), prestouse asesoramento a máis de 700 persoas. Máis do 10% corresponderon a usuarios e usuarios estranxeiros, chegados desde países como Holanda, Inglaterra, Irlanda, Arxentina, Francia, Alemaña, Portugal e Israel. Con respecto ao turismo nacional, a meirande parte de visitantes chegaron de Madrid, Euskadi e Andalucía.

Relacionadas

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

O Concello asegura que o ascensor da piscina municipal quedará arranxado nos próximos días...

0
O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, saíu esta mañá ao paso dalgunhas das críticas dos usuarios da piscina municipal, debido ás deficiencias que se...

A deputada Isabel Couselo supervisa en Portas as obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, nas que...

0
Na súa visita percorreu xunto co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, un tramo no que se están a executar as obras de renovación de...

O BNG comprométese a ser a “primeira liña de defensa” de Vigo fronte ao...

0
As deputadas e o deputado do Bloque pola cidade Alexandra Fernández, Carmela González e Brais Ruanova trasladan as principais liñas de actuación da fronte...

A Deputación de Pontevedra aconsella tratar as camelias ante os pulgóns e o ácaro...

0
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro recomenda manter a vixilancia ante o mildio nas viñas, así como revisar os buxos por se se precisa tratar...

Publicacións Relacionadas