HomePontevedraPoioPoio implícase a fondo na loita contra o cambio climático

Poio implícase a fondo na loita contra o cambio climático

- Anuncio -spot_img

• O Concello pon a disposición da veciñanza unha enquisa virtual para que faga as súas achegas en materia de respecto e coidado polo medio ambiente

• A iniciativa forma parte dos cumprimentos establecidos a través do PACES, co que se busca continuar reducindo a pegada de carbono e seguir apostando pola eficiencia enerxética

O Concello de Poio pon a disposición da cidadanía a posibilidade de implicarse de xeito activo na loita por preservar e mellorar a condición medioambiental do planeta. Desde hai varios días desde as redes sociais da Administración local ofrécese unha ligazón
(https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScq_ZkXvmGnfntcmm2rxhGRtdhkPUfquOfIiq2ySnUjmWkxQ/viewform) para que os veciños e veciñas realicen as súas achegas á hora de axudar a cumprir coa redución de pegada de carbono. Cómpre lembrar que o Concello está adherido ao Pacto de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) e conta un equipo encargado da redacción dun informe de seguimento sobre os cumprimento que se establecen a través deste plan, encamiñado a garantir a consecución dos obxectivos que se inclúen na Axenda 2030. “Somos conscientes de que temos que mitigar o cambio climático cun Plan de Acción para o Clima e Enerxia Sustentabél co obxectivo de recortar as emisións de CO2 nun 40% antes do 2030 e nesa liña traballamos”, apunta a concelleira Marga Caldas (BNG).

Deste xeito, a través desta enquisa, que se realiza de xeito anónimo, realízanse unha serie de cuestións aos usuarios e usuarias, sobre as súas preocupacións sobre o cambio climático e as iniciativas que lles gustaría que desde a Administración local se impulsasen, ademais da xa postas en marcha, neste eido. “O parecer da veciñanza é moi importante para nós, porque será unha das chaves da nosa folla de ruta para seguir traballando na consolidación do respecto polo medio ambiente e pola eficiencia enerxética. Precisamos da implicación da sociedade”, apunta Caldas.

Publicacións Relacionadas