HomePontevedraPoioPoio impulsa unha campaña do 25 de novembro reforzando o compromiso de...

Poio impulsa unha campaña do 25 de novembro reforzando o compromiso de plantar cara á violencia

- Anuncio -spot_img

• Un ano máis, a programación impulsada pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) inclúe un gran número de actividades dirixidas ao tecido asociativo, ao eido educativo e á cidadanía en conxunto

• A tenente de alcalde e responsable da área, Silvia Díaz (Avante Poio), explica que todas estas iniciativas van encamiñadas “a sensibilizar á sociedade sobre o dano que producen a desigualdade e as condutas violentas contra as mulleres”

Baixo o lema ‘Poio planta cara á violencia’, o Concello de Poio, a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller impulsa unha campaña chea de actividades para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que terá lugar o día 25. A tenente de alcalde e delegada desta área, Silvia Díaz (Avante Poio), e a directora do CIM, Raquel Morales, deron a coñecer os detalles das iniciativas que se desenvolverán co obxectivo de sensibilizar a todos os eidos da sociedade “sobre o dano que producen a desigualdade e as condutas violentas e machistas, ao tempo que axudamos a tomar conciencia sobre a magnitude do problema da violencia contra as mulleres”. No acto tamén estiveron presentes representantes das asociacións que forman parte do Consello Municipal da Muller e Mila Alonso, autora da exposición “Mans de Muller” que poderá visitarse durante todo o mes de novembro no Casal de Ferreirós.

A campaña aposta por consolidar unha fórmula que xa en edicións anteriores supuxo todo un éxito de implicación e participación. Deste xeito, vólvense a organizar actividades pensadas para o tecido educativo, o asociativo e para a cidadanía en xeral, dándolle un marcado protagonismo ás redes sociais. “Crearase un ‘photocall’ para xerar contidos a través de imaxes que nos achegue a cidadanía que sirvan para concienciar sobre a necesidade de acadar unha sociedade libre e non violenta”, explicou Díaz. Así, durante todo mes de novembro, as fotos poderanse subir a Facebook, Instagram ou Twitter, co uso de cancelos como #poioplantacaraaviolencia #25N ou #cimpoio.

Un dos actos centrais da campaña será a andaina Paso a Paso Libres de Violencia de Xénero, que terá lugar o domingo 27 de novembro, desde o Bosque das Mulleres de

Publicacións Relacionadas