– Este será o lema que encabezará o lema da manifestación convocada pola plataforma DefendeMos e cuxa data fixouse durante a Comisión de Seguemento celebrada esta tarde no Concello e que acaba de rematar, para o vindeiro 16 de maio
– Desde Mos reclámase respecto e dignidade ao Goberno Central e ao Ministerio de Transportes e Mobilidade e reitérase a esixencia da liberación da peaxe da AP-9 no tramo Vigo-O Porriño e a paralización do novo proxecto da A-52
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o voceiro de goberno local e edil de Patrimonio, Leo Costas, a concelleira de Medio Ambiente e da parroquia de Petelos, Laura Méndez, o concelleiro do BNG, Alberto Barreiro Ricón, o Xefe da Policía Local de Mos, Gerardo Álvarez, o Secretario Municipal, Carlos Piñeiro, e o arquitecto municipal, Ramón Vega, veñen de reunirse cos membros da Plataforma de Afectados pola A52, DefendeMos, en Comisión de Seguemento.
Durante a sesión acordaron dar traslado á Subdelegación do Goberno en Pontevedra que será convocada unha manifestación a celebrar o vindeiro 16 de maio. Para encabezar a mesma elixiron o lema: “Pola supresión da peaxe, non á nova autovía”.
Desde a Plataforma insístese en que desde Mos reclámase respecto e dignidade ao Goberno Central e ao Ministerio de Transportes e Mobilidade, e reitérase a esixencia da liberación da peaxe da AP-9 no tramo Vigo-O Porriño e a paralización do novo proxecto da A-52.
Neste senso Nidia Arévalo, rexedora local mosense, volveu a insistir en que “reclamaMOS unha vez máis a gratuidade da AP9. Estamos diante dunha nova infraestrutura, a nova A52, de gran capacidade que afecta gravemente ao noso concello e que queda lonxe de arranxar a problemática actual de tráfico e sinistralidade na A55. Opoñémonos ao trazado que se propón desde o Ministerio, máis cando hai xa alternativas que poden supoñer un custe moito menor tanto a nivel económico, como ambiental e social, como sería liberar a AP9”, insistiu.
“Que se libere a peaxe do tramo da AP-9, xa que a gratuidade da AP-9 é unha solución sinxela, inmediata e non lesiva para o territorio, ademáis de notablemente máis barata que o novo proxecto plantexado”. Concluiu a alcaldesa de Mos.