Ponteareas, a fábrica do Nadal

adminON
Lectura mínima de 5
  • Propostas para todos os públicos con actividades novidosas e tamén tradicionais nas que prolongar o folclore e cultura popular

O Concello de Ponteareas convida a desfrutar da programación de Nadal con propostas para todos os públicos. A concellería de Cultura explica que a programación de Nadal ofrece actividades novidosas e tamén tradicionais nas que prolongar herdanzas folclóricas e a cultura popular.

Este sábado día 14 ás 17:00 horas espectáculo “El Mundo de los muñecos” no auditorio Reveriano Soutullo. Ás 19:00 horas presentación do último libro do científico Francisco Peña Castiñeiras, fillo predilecto de Ponteareas, “Rumbo a la salud ambiental planetaria y a un mundo nuevo”.

O domingo día 15 ás 11:00 horas, festival de baile da ANPA Loureiro no auditorio municipal.  Ás 18:00 horas recital poético e musical “A lingua somo todos” con Emilio Rúa e X. C. Caneiro na nave de Aceros del Tea. Ás 18:30 horas Rondalla de Chaín con saída dende a Casa do Concello. No complexo deportivo Álvaro Pino terá lugar o festival de patinaxe do CPA Tea.

O luns 16 de decembro ás 19:30 horas na nave de Aceros del Tea haberá concerto de guitarras.

O martes 17 de decembro ás 20:30 horas actuará o coro do grao profesional que interpretará a obra “Para quererte tanto” na nave de Aceros del Tea.

O mércores 18 de decembro ás 18:00 horas obradoiros de adornos creativos en Aceros del Tea, ás 19:30 horas concerto de Nadal da escola Vila do Corpus e do grao elemental do Conservatorio Municipal de Música no auditorio Reveriano Soutullo.

O xoves día 19 de decembro ás 17:00 horas obradoiro de mel “Ponte doce, desscubre o fascinante mundo das abellas” en Aceros del Tea. Ás 17:30 horas dúo de piano a catro mans con Cloe Seoane e Ruth Moo tamén en Aceros del Tea. Ás 19:30 horas no auditorio Festival de Nadal do Conservatorio Municipal de Música.

O venres 20 de decembro ás 16:30 horas concerto de cello e piano con Leire Campo e Xavier Rodríguez na nave de Aceros del Tea e concerto de coro Gli Appassionati no auditorio municipal ás 19:30 horas. Ás 20:30 horas dúo de saxofón con Nerea Alonso e Adrián Gil tamén na nave de Aceros.

O sábado 21 de decembro ás 20:00 horas Encontro de Panxoliñas no convento de Canedo. Cata de viños na nave de Aceros del Tea con inscrición no número de teléfono 673 855 422 e festival de patinaxe do CPA Luar no complexo deportivo Álvaro Pino.

O domingo día 22 ás 16:00 horas Papanoelada moteira con percorrido polas parroquias e ás 18:00 horas recepción de Papá Noel na praza Bugallal.

Do día 22 de decembro ao 5 de xaneiro dende ás 19:00 horas ás 22:30 hors videomapping de Nadal na fachada do Concello.

O luns 23 ás 20:00 horas presentación do Calendario Galego de Ponteareas no salón de plenos.

O xoves 26 de decembro ás 17:00 horas contacontos “Nadal en prácticas” con Noelia Porto na nave de Aceros del Tea.

O venres 27 de decembro ás 17:00 horas obradoiro de maquillaxe na nave de Aceros del Tea e ás 21:00 horas festa pre fin de ano 2024 coa actuación da orquestra Kubo na praza Maior.

O sábado 28 de decembro cata de viños na Nave de Aceros del Tea con inscrición previa no número de teléfono 673 855 422.

O domingo 29 de decembro ás 18:00 horas encontro de Rancho de Reis no auditorio Reveriano Soutullo e torneo solidario de bádminton no Álvaro Pino.

O martes 31 de decembro ás 16:00 horas carreira San Silvestre con saída dende a praza Maior.

Do 2 de xaneiro ao 4 de xaneiro o Tren da Nadal visita o Concello de Ponteareas. O sábado 4 de xaneiro campionato galego de ciclocross no campo de fútbol de Pardellas.

A recepción aos Reis Magos será o domingo 5 de xaneiro no salón de plenos ás 12:00 horas e a cabalgata de Reis polas rúas do centro urbano será ás 18:00 horas.

Comparte este artigo