Ponteareas acolle este domingo a Gran Premio de ciclismo Festas de Setembro

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Ponteareas e o Club Ciclista Ponteareas Escola Borja Gómez presentan o Gran Premio de ciclismo Festas de Setembro que terá lugar este domingo día 15 a partir das 09:30 horas.

Esta cuarta edición ofrecerá espectáculo deportivo nas categorías Promesas, Principiantes, Alevín-Infantís e Cadete-Juniors. Este Gran Premio cun percorrido interurbano de 3,5 quilómetros pola vila contará tamén cunha proba especial de inclusión. No Club Ciclista Ponteareas forman un total de 68 nenas e nenos.

O Gran Premio Festas de Setembro, no que participan uns 250 deportistas, conta co apoio da Xunta de Galicia, Deporte Galego e da Deputación de Pontevedra e co apoio da Federación Galega de Ciclismo.

Comparte este artigo