- O evento é para todos os públicos e nel mestúrase a música de artistas galegos de todos os tempos e cun espectáculo de imaxes
- Á presentación acudiu Pepo Suevos, que é o encargado do monólogo que se inclúe no musical
- No marco da primeira fin de semana das Festas de Setembro en Ponteareas, o broche das festas dos Remedios virá a cargo do musical ‘Camiñantes e Cantantes’ un espectáculo para toda a familia no que participan Manquiña, Pepo Suevos ou Pili Pampín.
A cita, presentada esta tarde no concello pola alcaldesa Nava Castro, o concelleiro de Cultura, Ricardo González, o músico de La OcaBand David Montes e o propio Pepo Suevos, será este domingo ás 22:00h na Praza Maior, é un repaso polos últimos anos de música galega a través das diferentes variantes do Camiño de Santiago. Un espectáculo que abre Pepo Suevos cun monólogo e que presenta xunto a Manuel Manquiña, no que a música está acompañada por imaxes aéreas do camiños tomadas con drons e xogos visuais en pantallas multimedia.
La OcaBand é a encargada de facer o repaso musical pola música popular galega máis representativa dos últimos anos con temas dos máis diversos estilos, desde Fixan os Ventos a Cómplices, de Julio Iglesias a Siniestro Total pasando por Juan Pardo, e todo, aderezado con abundantes dosis de humor.
Un percorrido de dúas horas polo Camiño de Santiago e a música galega, nun espectáculo patrocinado pola Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, con entrada de balde.