HomePontevedraO CondadoPonteareas aproba os prezos de uso do futuro Centro de Emprendemento, Dinamización...

Ponteareas aproba os prezos de uso do futuro Centro de Emprendemento, Dinamización Empresarial e Coworking, que ultima a súa apertura

- Anuncio -spot_img
  • O pleno municipal aprobou tamén o convenio para acometer a demandada rede de saneamento en Ribadetea
  • O Concello de Ponteareas ultima a posta en funcionamento do novo Centro de Emprendemento, Dinamización Empresarial e Espazo de Coworking, que será inaugurado nas vindeiras semanas. Como paso previo, o pleno da corporación aprobou a ordenanza reguladora do prezo público dos espazos que os emprendedores e emprendedoras da vila poderán utilizar para asentar os seus proxectos de negocio.
    Este centro será unha infraestrutura clave para a formación e o emprendemento empresarial, aportando os espazos necesarios para o tecido empresarial de Ponteareas, especialmente dirixido a empresas emerxentes, startups, pemes e profesionais autónomos.
    Os prezos acordados pola corporación municipal son:
    Posto Viveiro de Empresas: 60 euros/mes
    Espazo de Co-Traballo: 25 euros/mes
    Sala de Reunións: 20 euros/hora
    Sala de Formación: 150 euros/sesión
    Sala de usos múltiples: 150 euros/sesión

Todos os espazos e salas do centro estarán dotados de impresora, fotocopiadora, rede wifi e conexión por cable, zona común de descanso con neveira e microondas e destrutora de papel. Ademais, a sala de formación e a sala de reunións están equipadas cunha pantalla táctil con equipamento ofimático, taboleiro dixital e videoconferencia.

Unanimidade para a rede de saneamento en Ribadetea
No marco desta mesma sesión plenaria ordinaria, o goberno aprobou o Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello para acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a actuación “Rede de saneamento nos núcleos da Freixa, O Souto e O Eido. Parroquia de Ribadetea”.
A Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, acometerá unha obra de gran relevancia para os máis de 1.000 veciños e veciñas desta parroquia, que ata agora tiñan importantes dificultades para contar con este servizo ao non contar coa infraestrutura axeitada. O Concello de Ponteareas, no seu compromiso coas parroquias, promove esta actuación conxunta entre ambas administracións que permitirá a construción dunha rede que solucione as limitacións existentes e poña fin ás demandas da cidadanía.
En virtude do convenio entre Concello e Augas de Galicia, o organismo autonómico aportará 1.335.797,35 euros e o Concello 333.949,33€, para unha actuación global de 1.669.746,68 euros, que será cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.
Todas as forzas políticas con representación no pleno municipal apoiaron esta proposta do equipo de goberno, que da cumprimento ao seu compromiso prioritario nesta materia cos veciños e veciñas desta parroquia.

Publicacións Relacionadas