test
Home Pontevedra O Condado Ponteareas celebrou a diversidade cunha xornada cargada de actividades e sensibilización

Ponteareas celebrou a diversidade cunha xornada cargada de actividades e sensibilización

- Anuncio -
  • Os Xardíns da Xiralda acolleron a lectura do manifesto a cargo da alcaldesa
  • Manualidades, xogos, espectáculos, desfile, karaoke e proxeccións

O Concello de Ponteareas reivindicou o seu compromiso coa diversidade cunha xornada cargada de actividades. Os Xardíns da Xiralda acolleron obradoiros, desfile, karaoke, cine e a lectura do manifesto a cargo da alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro.

O Concello de Ponteareas de Ponteareas  comprométese co impulso de políticas de diversidade encamiñadas á loita contra a LGBTIfobia e “fomentar así que todas as persoas poidan vivir unha vida sen medos, en liberdade e sen armarios”, así o traslada a alcaldesa, Nava Castro, na lectura do manifesto con motivo do Día Internacional contra la LGTBIfobia que este ano se celebrou baixo o lema “Educación, dereitos e paz: Orgullo que transforma”.

A alcaldesa adiantou o compromiso do seu goberno a promocionar accións encamiñadas a sensibilizar contra as múltiples discriminacións que sofren as persoas trans e polo recoñecemento de que as persoas non binarias e intersexuais tamén existen. A Concelleira de Benestar Social, Raquel Plana, salienta a alta participación da cidadanía nas distintas actividades celebradas dende as dez e media da mañá ata as doce da noite.

Obradoiros de manualidades, de xogos e de caracterización e maquillaxe; actuación de Humberto Longueira con “Rianxeira”, desfile, karaoke e proxección da película “A moza danesa” son algunhas das actividades que tiveron lugar.

Raquel Plana quere agradecer o traballo do persoal do seu departamento e a colaboración de Humberto Longueira no deseño da programación que promoveu a visibilización e sensibilización a través de actividades compartidas e nas que puideron participar todos os públicos. “Visibilizar e compartir e fundamental para normalizar. Todos somos responsables porque todos formamos parte da sociedade por iso o noso obxectivo era deseñar un programa entretido e coa capacidade de xerar conciencia e momentos grupais nos que interactuar porque unha sociedade máis xusta é cousa de todas e todos”.

Relacionadas

A Deputación dá comezo a catro novos obradoiros do programa “Provincia activa”, co que...

0
Na vindeira semana iniciarán os talleres máis de 40 persoas maiores de catro asociacións de Cambados, Mos e Ponteareas A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo...

O concello acolle a Festa do Motor na previa da XX Edición do Rally...

0
• O evento servirá para presentar os coches que correrán representando a Ponteareas • Ponteareas conta por vez primeira cunha partida para subvencionar o deporte...

O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados para...

0
Nesta sesión ordinaria aprobouse por unanimidade a candidatura para o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, para a consolidación da marca e a...

A feira Galiforest Abanca 2024 intensifica hoxe as demostracións en vivo de maquinaria, sistemas...

0
• NUMEROSOS EXPOSITORES MOSTRAN OS SEUS PRODUTOS EN FUNCIONAMIENTO NAS SÚAS PARCELAS OU NUNHA ZONA HABILITADA PARA ISO, CO OBXECTIVO DE QUE OS VISITANTES...

Mos implica aos colectivos de idades máis curtas e maiores para demostrar que o...

0
O municipio mosense tinguiuse hoxe multicolor coa colaboración das Escolas Infantís e do Centro de Día de Torroso para conmemorar o Día do Orgullo...

Sae a licitación o proxecto da Praza da Aldea

0
O proceso para a presentación de ofertas rematará o vindeiro 11 de xullo e contará con un importe para levar a cabo este proxecto...

Publicacións Relacionadas