HomePontevedraO CondadoPonteareas continúa en números vermellos segundo os datos do terceiro trimestre presentados...

Ponteareas continúa en números vermellos segundo os datos do terceiro trimestre presentados ante o Ministerio de Facenda

- Anuncio -spot_img

Villar lamenta que non se corrixiu a política de malgasto, “a previsión de fondos líquidos, do último trimestre presentado, volve ser negativa, hai moitos máis gastos que recadación”

“Ponteareas incumpre o obxectivo de Estabilidade Orzamentaria, incumpre a Lei 2/2012 do 27 de abril de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira”.

O Grupo Municipal do PP segue alertando da delicada situación económica na que se atopa actualmente o Concello de Ponteareas, o que podería derivar nunha falta de pagamento de nóminas e mesmo na intervención do Estado se o Goberno Bipartito segue incumpliento e malgastando o diñeiro das arcas públicas.

Tras coñecer os datos do último trimestre, entregados esta semana os grupos da oposición, que corresponden ao terceiro trimestre de 2020, os populares denuncian que volve repetirse a tendencia negativa en canto á previsión de fondos líquidos. “Non esquezamos que están en números vermellos despois de solicitar unha póliza a Tesourería de dous millóns de euros. A bóla cada vez é maior”.

Ademais, o PP advirte que actualmente o Goberno local incumpre co obxectivo de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, xa que “todo o diñeiro recadado de sancións, taxas e impostos non está a cubrir os gastos. Non esquezamos que en 2019 aplicáronse unha subida salarial a todo os edís. Agora demóstrase que non era o momento e que o control das contas neste Concello, brilla pola súa ausencia” sentenciou Villar.

Publicacións Relacionadas