Home Pontevedra O Condado Ponteareas fai un inventariado dos camiños, parques e xardíns de titularidade municipal

Ponteareas fai un inventariado dos camiños, parques e xardíns de titularidade municipal

- Anuncio -

Actualiza o que está actualmente en vigor, que data de 1958, o que permitirá un maior control e seguimento dos bens públicos

A alcaldesa mantivo unha reunión cos portavoces municipais para presentarlles o inventario, financiado polo Plan Concellos 2021

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, mantivo este martes un encontro cos portavoces municipais para presentarlles o borrador do novo inventario de camiños, parques e xardíns de titularidade municipal, un documento que actualiza a relación de bens municipais coa que conta actualmente o Concello, que data de 1958. “Era unha necesidade urxente contar cun rexistro real dos espazos e dos bens inmobles municipais para ter un maior control e seguimento sobre eles e unha organización dos investimentos adaptados á realidade”, salientou a rexedora.

Cun custe de 52.000 euros financiados ao abeiro do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra, o proxecto permitiu catalogar os bens e espazos de titularidade municipal despois de varios meses nos que se levaron a cabo os traballos de investigación, identificación, comprobación, revisión, actualización e ordenación dos bens a incluír neste Inventario Municipal de Vías Públicas do Inventario de Bens do Concello de Ponteareas. Este inventario foi presentado ademais ante a veciñanza en todas as parroquias para contrastar o documento cos usos habituais en cada unha delas.

Por outro lado, o traballo de recompilación completouse coa creación dun proxecto SIX para a súa inclusión nunha ferramenta informática que permita unha correcta xestión de todos os espazos e bens e que contén cartografía catastral, fotografías de cada camiño e vías municipais, parques e xardíns inventariados, entre outros aspectos.

O inventario municipal será levado a pleno para a súa aprobación provisional, tras a que se abrirá un período de exposición pública antes da aprobación definitiva.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas