Home A Paradanta A Cañiza Ponteareas, Mondariz e A Cañiza apostan pola recollida de residuos "Porta a...

Ponteareas, Mondariz e A Cañiza apostan pola recollida de residuos “Porta a Porta” como “a opción” e “camiño a seguir” para cumprir obxectivos de reciclaxe

- Anuncio -

A alcaldesa Cristina Fernández asegura que o modelo máis viable para o municipio é como o que se realiza en varios barrios de Lleida

O rexedor de Mondariz Emilio Barros asegura que “se antes da viaxe a País Vasco, Navarra e Cataluña xa o tiñamos claro agora máis”

A comitiva pontevedresa do Revitaliza que viaxou a País Vasco, Navarra e Cataluña está de volta á provincia “totalmente impresionada” polos resultados espectaculares que supón a recollida de residuos Porta a Porta á hora de mellorar as cifras de selectiva e reciclaxe. Nos 10 municipios e comarcas visitados durante esta semana con diferentes variables do modelo as cifras son brillantes, ningún baixa do 70%, e os concellos de Ponteareas, Mondariz e A Cañiza tomaron conta do recado.

As tres responsables das alcaldías nos concellos do Condado adiantaron hoxe nun primeiro balance sobre a viaxe que o modelo de recollida Porta a Porta “é a opción” e o “camiño a seguir” para cumprir os obxectivos. Prudentes sobre unha análise económica e o calendario de implantación, aseguran que o que está claro é que os datos son contundentes e serven de referencia.

Hai que lembrar que a normativa europea ten marcados obxectivos que están vencidos, posto que en xuño de 2020 era obrigado ter preparado para reciclar o 50% dos residuos á maior parte dos concellos, dando unha moratoria ata este ano; en 2025 esixirase reciclar o 55% dos residuos, o 60% en 2030, e o 65% en 2035. Os resultados actuais en Pontevedra distan moito na realidade ,xa que a media da provincia apenas chega ao 15% e Galicia está entre o 12 e o 13%.

A alcaldesa de Ponteareas Cristina Fernández subliñou que “foi un luxo” dispoñer de persoal técnico de alto nivel que explicase de maneira directa como funcionan modelos de recollida e tratamento que teñen experiencias moi diversas con traxectorias de ata dúas décadas. A nacionalista destacou que, para o municipio, as variantes do Porta a Porta máis acaídas foron as de Cataluña.

“O Porta a Porta está esclarecido como o sistema máis acaído para mellorar as cifras de reciclaxe e ter un alto nivel de separación de residuos, que chegan ao 90%”, dixo. En concreto subliñou que o sistema que se está a realizar en diferentes barrios de Lleida podería ser aplicable na ‘capital’ do Tea, xa que ten zonas de baixa densidade nas que se aplica un PaP con caldeiros e outras de edificios altos nos que se aplica o PaP para a orgánica con colectores intelixentes.

Pola súa banda, o alcalde de Mondariz Emilio Barros tamén valorou a viaxe como unha “expedición altisimamente positiva porque deu unha perspectiva aos concellos amplísima e fundamental”. Destacou que Mondariz está nestes momentos na Fase 2 do Plan Revitaliza como concello piloto, cun gran despegue de composteiros comunitarios e invididuais para tratar in situ a fracción orgánica dos residuos, polo que en relación a outros concellos da provincia “xoga en situación de vantaxe”.

De cara aos vindeiros días, o nacionalista destacou que se irán pechando decisións e dando pasos en relación a cronoloxías e cuestións concretas, pero sinalou que se xa antes estaba claro que o Porta a Porta era o modelo para a recollida dos residuos como complemento á compostaxe local, “sen dúbida agora está contrastado e analizado. É o camiño a seguir. A opción”, destacou. “Sería necesario que outras institucións como a Xunta cambiasen o paso e seguisen a pauta do Revitaliza”, subliñou.

Finalmente no Condado, o alcalde Luís Piña destacou que a viaxe do Revitaliza foi moi intensa, apretada e produtiva en contidos. “Nestes sitios –os 10 municipios e comarcas visitados País Vasco, Navarra e Cataluña- están anos por diante, polo que foi moi positivo escoitar”, subliñou. Asegurou tamén que o Concello de A Cañiza tivo unha percepción moi positiva de todas as variantes que se coñeceron do PaP e destacou que vaise estudar a fondo “e con prudencia” que pasos dar, “madurando e matizando as diferentes fórmulas” para rentabilizar o sistema que se aplique.

Xa no Baixo Miño, a concelleira de Medio Ambiente de Tomiño Ana Belén Casaleiro tamén salientou que a viaxe foi “un luxo” que a Deputación levase aos concellos a coñecer experiencias que noutros lugares demostran que é posible aumentar as taxas de reciclaxe, obxectivo que deben ter todos os concellos. “Foi unha experiencia frutífera que demostrou con datos os resultados. Non será fácil, porque alí levan moito tempo, pero contaron o bo e o malo do sistema PaP, que está na miña cabeza”, dixo, para destacar que dende Tomiño traballarase para buscar unha solución aos residuos neste sentido nos vindeiros meses.

Para evitar sancións por incumprir eses obxectivos a maior parte dos concellos pontevedreses está traballando nestes momentos coa idea de implantar o quinto colector para a recollida de residuos orgánicos (unha das principais obrigas que impón a nova lexislación). De feito, tanto esta vía é a maioritaria entre as principais cidades galegas e a Xunta de Galicia, que está a colaborar cos municipios mercando colectores marróns para a orgánica co fin de manter o sistema tradicional.

Agora, unha vez coñecido o modelo PaP ‘in situ’, coñecendo os seus beneficios e inconvenientes, a decisión sobre que sistema empregar en cada un dos concellos da provincia está sobre a mesa con máis dúbidas. A tónica xeral tanto das persoas representantes políticas como técnicas dos concellos de Poio, O Grove, Sanxenxo, Vilagarcía, Mancomunidade do Morrazo, Valga, Soutomaior, Tomiño, A Guarda, Tui, Mondariz, As Neves, Ponteareas e A Cañiza é de “sorpresa” e de “apertura de miras” ante un posible cambio de política.

O convencemento é que a implantación do Porta a Porta é tanto máis factible canto máis pequeno e disperso sexa o municipio e tanto menos canto máis grande e complexo. Por este motivo a intención é analizar con prudencia

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas