Home Pontevedra Caldas Pontecesures celebra as festas patronais de San Xulián cun ollo no ceo

Pontecesures celebra as festas patronais de San Xulián cun ollo no ceo

- Anuncio -

O Concello de Pontecesures celebra hoxe sábado o seu patrón San Xulián, festivo local no municipio. Unha xornada que está a ser moi condicionada pola climatoloxía, se ben as fortes choivas caídas nas últimas horas non impediron que o programa previsto da festa se desenvolvera tal e como estaba previsto, cando menos durante a mañá.

Así, a xornada arrincou ás 9:00 horas cun gran disparo de bombas de palenque, que deu paso a unha alborada a cargo das agrupacións folclóricas Algueirada e Xarandeira. A choiva fixo acto de presenza antes de comezar a misa solemne na igrexa parroquial de San Xulián, cantada pola Coral Polifónica de Pontecesures, porén parou minutos antes da tradicional procesión, que puido celebrarse sen ningunha incidencia.

A imaxe de San Xulián, acompañada por medio cento de fieis e distintos integrantes da corporación municipal, co alcalde Juan Manuel Vidal Seage á fronte, deu unha volta polo adro da igrexa acompañada da música da asociación cultural Xarandeira. Unha vez rematada a misa, Xarandeira interpretou varias pezas no adro da igrexa. Para esta tarde está previsto un concerto a cargo do Orfeón Voces Graves “Arousa” e a Coral Polifónica de Pontecesures.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas