Nas dúas xornadas estarán presentes representantes das 30 entidades que integran esta rede que ten por obxectivo impulsar infraestrutura verde e azul nos ámbitos urbanos. Forman parte dende Roma a Utrech ou Tampere, ademais da Comisión Europea e outras entidades internacionais.
O Pazo da Cultura acolle mañá e o venres a reunión do Partnership Greening Cities da Axenda Urbana da Comisión Europea, unha iniciativa que ten como obxectivo impulsar as infraestruturas verdes e azuis nos contextos urbanos europeos, así como responder aos retos urbanos e ás necesidades das cidades de todos os tamaños, en relación coa preservación da biodiversidade e a adaptación ao cambio climático. Pontevedra é membro do Partnership Greening Cities impulsado pola Axenda Urbana da Comisión Europea.
Posto en marcha en 2023, está formado por mais de 30 entidades de ámbito nacional, rexional, autoridades locais, organizacións europeas e outro tipo de institucións de toda Europa. No marco do Partnership o Concello de Pontevedra é a única cidade do estado español que participa neste partenariado e está a xogar o papel de líder dun grupo de traballo dos catro actualmente existentes. O grupo ao que pertence Pontevedra está centrado no establecemento dun sistema de indicadores para o seguimento e avaliación dos Planes Locais de Infraestrutura verde, renaturalización e adaptación ao cambio climático das entidades locais.
O Partnership acordou na última reunión celebrada en Zagreb (Croacia) no mes de decembro de 2023, a celebración dunha xuntanza presencial de todas a persoas integrantes desta asociación en Pontevedra os días 4 e 5 de abril de 2024. O obxectivo deste encontro é chegar a un acordo sobre o Plan de Acción final do Partnership Greening Cities que se vai presentar á Comisión Europea nos próximos meses.
Os membros que participan na reunión de mañá proceden de distintos países que forman parte do grupo de traballo e están a elaborar un documento de Plan de Acción cara á Comisión Europea.
National authorities
• Ministry of Development, Public Works and Administration, Coordinator (RO).
• Ministry of Physical Planning, Construction and State Assets (HR).
• Ministry of Development Funds and Regional Policy of the Republic of Poland (PL) Regions
• Vlaamse Milieumaatschappij (VMM) (BE)
• Brussels Environment (BE)
• Marshal’s Office of the Mazowieckie Voivodeship (PL)
Cities (Urban Authorities)
• Nuovo Circondario Imolese, Coordinator (IT)
• Roma Capitale (IT)
• City of ‘s-Hertogenbosch, Department of Urban Development (NL)
• City of Utrecht (NL)
• City of Tampere (FI)
• City of Ostrava (CZ)
• Ādaži municipality (LV)
• City Council of Pontevedra (Ayuntamiento de Pontevedra) (ES)
• Lisbon Metropolitan Area (PT)
European/ national city umbrella organisation
• Eurocities (BE)
• European Investment Bank
• Association of Urban Municipalities of Slovenia (SI)
• European Urban Knowledge Network (EUKN EGTC) (NL)
Other stakeholders
• INCASÒL_ Catalan Land Institute (ES)
• Aristotle University of Thessaloniki (AUTH) / Environmental Engineering Laboratory (Enve-Lab) (rl) • JPI Urban Europe / DUT Partnership
European institution
• European Commission Directorate-General for Regional and Urban Policy (DG REGIO) • European Commission Directorate-General for Employment, social affairs and inclusion (DG EMPL)
• European Commission Directorate-General for Internal Market, Industry, Entrepreneurship and SMEs (DG GROW)
• European Commission Directorate-General for Climate Action (DG CLIMA)
• European Commission Directorate-General for Maritime Affairs and Fisheries (MARE) • European Commission DG Directorate-General for Education, Youth, Sport and Culture (EAC) • European Commission Directorate-General for Agriculture and Rural Development (DG AGRI) • European Commission Joint Research Centre (JRC)

