HomePontevedraPontevedra amosará o mobiliario sustentable do proxecto Ambiance formado por empresas e...

Pontevedra amosará o mobiliario sustentable do proxecto Ambiance formado por empresas e centros tecnolóxicos de Europa

- Anuncio -spot_img

Ambiance é un proxecto integrado por 3 empresas, entre elas a pontevedresa Setga, e seis centros tecnolóxicos de Europa que, con financiación europea, investigarán sobre o uso dos bioplásticos nos espazos públicos como o mobiliario urbano.

Raiña Victoria foi o lugar escolido para acoller o showroom destas investigacións no primeiro semestre de 2024.

O Concello de Pontevedra recibiu esta mañá aos promotores europeos do proxecto Ambiance, liderados en Pontevedra pola empresa Setga e financiados por fondos europeos, que investigarán o uso dos bioplásticos no espazo público aplicados ao mobiliario sustentable. A concelleira de Sostemento do espazo público, Eva Vilaverde, o concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez, e o coordinador do rural, Alberto Oubiña acompañaron aos representantes das empresas e dos centros tecnolóxicos a coñecer distintos puntos da cidade, entre eles, Raíña Vitoria onde queren instalar no primeiro semestre do 2024 un showroom co resultado das súas investigacións e prácticas.

Eva Vilaverde explicou que “Pontevedra é o lugar acaído para este tipo de proxectos porque traballamos no que se chama o Efecto PO2, para impulsar medidas no espazo público máis amable e sustentable”. Indicou que “estamos encantadas de ter recibido proxectos interesantes como este, e queremos amosar o noso modelo urbano e indicarlle a importancia que para nós ten o mobiliario accesible e sustentable”.

Jesús Saavedra, responsable de fabricación, deseño e innovación de Setga, explicou que o proxecto Ambiance engloba a 9 empresas e centros tecnolóxicos de toda Europa. Este proxecto foi escollido pola Unión Europea coa máxima puntuación, e ten como obxectivo fabricar, no futuro, componentes a partir de bioplásticos. En concreto, Setga traballará o mobiliario urbano.

Forman parte do proxecto Ambiance:
• ITA Innova, Centro tecnologico de Aragón (Zaragoza)
• Aimen, Centro Tecnológico (O Porriño)
• Innovation Centre (Chalkis, Grecia)

• Crit (Módena, Italia
• Mondo (Piamonte, Italia)
• Pod Comp (Skylvägen, Öjebyn. Suecia)
• Recendt (Linz, Oberösterreich. Austria)
• Research Institutes of Sweden (Göteborg, Suecia)
• Supsi (Manno, Suiza)
• Setga (Pontevedra)

Publicacións Relacionadas