Home Pontevedra Pontevedra continúa en prealerta pola seca e volve a emplazar aos concellos...

Pontevedra continúa en prealerta pola seca e volve a emplazar aos concellos para dentro de dúas semanas

- Anuncio -

As chuvias dos últimos días permitiron que o caudal do Lérez suba até os 6,5 m3/s a día de hoxe e que Pontillón estea cheo até o 82,14%. Os consumos da conca do Lérez continúan a baixar e sitúanse en 30.300 m3.

O Concello de Pontevedra volveu a reunir esta mañá aos concellos da conca do Lérez (Poio, Sanxenxo, Marín e Bueu, ademais de Augas de Galiza) para facer seguimento da seca, especialmente despois das chuvias dos últimos días. Aínda que o río subiu o caudal até os 6,5m3/s a día de hoxe, os concellos acordaron manter o seguimento e a prealerta xa que a previsión é que o caudal volva a baixar tal e como se viu comprobando coas últimas chuvias. A próxima reunión será en dúas semanas.

A concelleira responsable do Ciclo da Auga, Carme da Silva explicou que o río se atopa hoxe cun caudal medio de 6,5 m3/s, pero nestes días chegou a subir a 7,1 m3/s. A previsión é que continúe a baixar unha vez que desaparezan as chuvias, atendendo ao comportamento do río nas últimas semanas. Polo tanto, a previsión continúa a ser de prealerta até o caudal do río non se estabilice por riba de 1,82m3/s.

Carme da Silva informou que esta situación débese as chuvias rexistradas estes días, especialmente as de onte, río arriba en zonas como Forcarei con rexistros de 47 l/m2, ou Rebordelo (Cotobade) con 50 l/m2.

Tamén mellorou a auga encorada en Pontillón. A 5 de setembro era de 80,86%, a 12 de setembro era de 81,87% e a día de hoxe é de 82,14%. É dicir, esta recuperación supón 14.200 m3 máis no encoro, máis do consumo de Pontevedra nun día.

Ademais, continúan a baixar os consumos medios que arrancaron na semana do decreto da prealerta, no mes de xullo, con 37.000 m3; a semana pasada estaba en 32.400 m3 e a día de hoxe era de 30.300 m3.

Cos datos sobre a mesa, na reunión desta mañá acoroduse continuar co seguimento do caudal do Lérez e ver como repercuten as chuvias dos últimos días nel. Manténse o estado de prealerta e acordouse volver a convocar o seguinte encontro para dentro de dúas semanas.

A concelleira do Ciclo da auga aproveitou a súa comparecencia para lembrar o necesario uso responsable da auga por parte da sociedade: “sempre hai que facer un consumo de forma responsable pero máis nesta situación”, e tamén da importancia de ter a rede de abastecemento en bo estado como pode ser o caso de Pontevedra que ten un 91% de eficacia.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas