Home Pontevedra A Lama O concello da Lama decreta tres días de loito oficial polo pasamento...

O concello da Lama decreta tres días de loito oficial polo pasamento do ex alcalde Jorge Canda Martínez

- Anuncio -

O alcalde do Concello da Lama, David Carrera, acaba de decretar tres días de loito oficial e a colocación de bandeiras a medio mastro con crespóns negros polo pasamento de Jorge Canda Martínez, quen fora rexedor deste municipio no periodo comprendido polos anos 1995 e 2023. A noticia do falecemento de Canda Martínez foi recibida con gran pesar pola veciñanza da Lama que une a súa dor á da familia do ex mandatario lamense.

O óbito produciuse sobre as catro da madrugada a consecuencia dunha longa doenza que Jorge Canda foi sobrelevando con gran dignidade durante os últimos tempos.

Os restos mortais velaranse a partir das 10 da mañá no Tanatorio San Mauro, de Pontevedra, co fin de que aquelas persoas que o desexen poidan darlle o derradeiro adeus e amosarlle as súas condolencias á familia. O funeral celebrarase mañá luns 2 de setembro, ás 19 horas, na igrexa parroquial de San Salvador da Lama e posteriormente terá lugar a incineración na estricta intimidade familiar.

Jorge Canda deixa unha profunda pegada entre a veciñanza da Lama e un profundo respecto entre o mundo político comarcal e provincial xa polo seu talante e afabilidade así como pola súa capacidade de traballo e compromiso co futuro da Lama.

Con Jorge Canda ao fronte da Alcaldía o concello da Lama logra o seu maior esplendor sendo responsable da mellora de todo tipo de infraestruturas viarias e de comunicación coa capital da provincia, a construción do campo de fútbol de herba artificial, o Centro Multiusos, as melloras sucesivas no centro escolar e de saúde, a creación do polígono industrial de Racelo, a modernización da Casa Consistorial e, dentro das últimas xestións realizadas antes de deixar a Alcaldía está a ampliación e mellora da estrada de Antas a Portela da Cruz, que agora inicia a súa terceira e derradeira fase, xa en tempos de David Carrera como alcalde.

Baixo o seu mandato impulsáronse a celebracións de festas gastronómicas como as do Codillo da Lama, a Semana Cultural, a colaboración con entidades veciñais e culturais para desenvolver todo tipo de actividades relacionadas coa Festas das Ermidas, O Pelete, a posta en marcha de servizos de abastecemento de augas municipais, centros socioculturais como os do Peso, etc.

TRAXECTORIA POLÍTICA NA LAMA

Canda Martínez comezou a súa militancia política no ano 1986 no CDS e foi candidato á Alcaldía da Lama por este partido en 1987. Posterioremente, pasou ao PSdeG-PSOE como independente, e nas eleccións municipais de 1991 quedou a trece votos de lograr a Alcaldía, que conseguiu nas de 1995 encabezando a lista socialista coma independente, e chegando ao goberno mediante un pacto cunha forza independente de Gregorio Justo que lle permitiu substituir a Manuel Rial González ao fronte do Concello.

Nas eleccións municipais de 1999, encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e acadou a maioría absoluta, co que continuou como alcalde. Posteriormente, por desavinzas coa dirección desta formación política, Jorge Canda e todo o seu equipo de goberno pasáronse ao grupo mixto e, en 2002, formalizaron o seu ingreso no PPdeG.

Nas municipais de 2003 encabezou a lista do PPdeG, coa que foi reelixido por maioría absoluta. Volveu ser elixido con maioría absoluta nas sucesivas eleccións, incluíndo as de 2019, e deputado na Deputación Provincial de Pontevedra no periodo 2015-2017. Nos comicios do 2023, integrou a lista liderada por David Carrera Cal, o actual alcalde da Lama, que tamén accedeu ao cargo ao lograr 7 dos 11 concelleiros da Corporación Municipal.

Relacionadas

Luis López cita un turismo sustentable, desestacionalizado e centrado no territorio como piares comúns...

0
O presidente provincial participa en Ribadumia na presentación do Plan Estratéxico de Turismo do Salnés que impulsa a Mancomunidade para o período 2024-2028 O presidente...

Coral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa Boas Vibes

0
Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 h celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga/cómic a cargo Coral...

O PP esixe o cumprimento do acordo plenario de 2023 para o arranxo e...

0
• Pardo: “Os nenos teñen dereito a xogar en plenas condicións de seguridade e salubridade, porque hai zonas infantís que se converteron no refuxio...

A ponte sobre o río Cotarel volve unir as parroquias de Randufe e Pazos...

0
A infraestrutura vírase afectada polas choivas de xaneiro de 2023. As obras, cun investimento superior aos 192 mil euros, recuperaron o trazado orixinal do...

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar o enoturismo...

0
O presidente provincial Luis López remarcou que a actividade, que terá lugar o domingo 10 de novembro e servirá para festexar o Día Mundial...

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán este venres do novo modelo...

0
O alcalde de Soutomaior explicará a proposta do Goberno de Soutomaior para a humanización da N-550 ao seu paso por Arcade. O BNG de Soutomaior...

Publicacións Relacionadas